Mostrando entradas con la etiqueta linguaxe lingua galego normalización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta linguaxe lingua galego normalización. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de marzo de 2012

desquicie de mundo

CASTELLANO
Hace mucho que no escribo sobre lenguas. Me aburre. El mundo se ha desquiciado según veo las entradas de twitter, facebook y varios blogs. Es normal que la imagen que estemos dando fuera de nuestras romanas murallas sea la de extremistas cerrados en palabras. ¡Con lo hermoso que es poder decir te quiero en mas de una lengua! ¿A nadie se le ha ocurrido eso? ¿Lo bonito que es poder ver el mundo con más de una palabra que lo defina? Pero no, solo hay una única verdad, una única salvación y un único camino. Y entre tanto disparate la gente que observa desde fuera ve una realidad bien distinta a lo que nosotros mismos hemos vivido.


 GALEGO
Fai moito que non escribo sobre linguas. Aburrome. O mundo desquiciouse segundo poido ver nas entradas de twitter, facebook e varios blogs. Pareceme por iso moi normal a imaxe que estamos dando fora das nosas romanas murallas. Parecemos uns extremistas cerrados en palabras. Co fermoso que é poder dicir quérote en máis dunha lingua! ¿A ninguen se lle ocurriu iso? ¿O bonito que é poder ver o mundo con máis dunha palabra que o defina? Pero non, solo hai unha única verdade, unha única salvación e un único camino. E entre tanto dispara a xente que observa dende fora ve unha realidade ben distinta ó que nosotros mesmos vivimos e queremos defender.


  Manifestos desquiciados, blogs manipuladores, causas xudiciais. ¿Perdístelo norte? Polos Deuses! Que alguén lle poña sentido común a isto !!!!!

viernes, 25 de marzo de 2011

Binlingües ...

“Soñe que la profe me quitaba el libro”

Ésta é a última de Galicia Bilingüe.
Debo recoñecer que a profesora debería templar un chico máis os nervios, ó fin e ó cabo un neno de seis anos non é culpable de nada. Cando eu tiña seis anos caeume nas mans o meu primeiro libro en galego, e recoñezama-lo, eu que era maternofalante en galego lia aquilo e soabame a chino cantones … pero este é xa outro tema.
O caso é que se A señora Gloria Lago e por extensión Galicia Bilingüe buscaran una verdadeira igualdade diríanlle a esa nai que lle compre o libro en galego ó neno e que apande, como apandaron tólas nais, incluida a miña, cando tocou facer os deberes de “Coñecemento do medio”, pois por decreto a asignatura impartese en galego, asique por decreto os libros deberían están en galego. É moi bonito iso de usar as linguas indiscriminadamente e falar de bilingüismo, pero nunha clase hai que aterse a só una lingua vahicular, sexan todos bilingües ou non. Iso de andar cambiando de idiomas por que si non é bo para a saúde cerebral. E estavos a falar unha que esta acostumada a estar en conversas con catro linguas (polo menos) derriba da mesa …
Ó respecto de “Coñecemento do medio” a asignatura con mais terminoloxía e contido para memorizar debo engadir un: queeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee??? Que terminoloxia?:
GALEGO = CASTELAN
Equinodermo = equinodermo
Paquidermo = paquidermo
Oviparo = ovíparo
Crustáceo = crustáceo
Taiga = taiga
Tundra = tundra
Clima oceánico = clima oceánico
Xúpiter = Júpiter
… e podería seguir por ahí repasando a teoría de placas tectónicas, os estados dos líquidos, a fecundación das frores … Non existen tantas diferecias na linguaxe científica entre dúas linguas e menos cando son da mesma familia. Incluso entre o español e o alemán hay semellanzas que facilitan a vida universitaria:
Interpretacion = die Interpretation
Cirurxia = die Chirurgie
Respecto ó outro argumento de que en moitas asignaturas se seguen a usar libros en galego cando deberían ser en castelan,… Certo, touché, ahí teñen razón pero que analicen as razóns: a gratuidade de ditos libros. Por que ben que me lembro do caros que eran os libros cando eu ía á escola, e agora polo visto xa non existen ese libros gratuitos dos que algún gozaron por que claro, como estamos en crise non se pode gastar nestas cousas … anda que … O país que non invirte na educación dos seus cidaddans é un país cun futuro ven neghriño.

En fin o cantar dos cantares de sempre, non sei para que me molesto en escribir. Iso si, hai por ahí algúnha nai ou pai desocupado que quería facerlle de antagonista a esta señora Lago??? Así poderíamos venderle a historia á Marvel e polo menos financiaríamos os libros de texto ¬¬

jueves, 15 de julio de 2010

FALAME GALEGO

… fozando por facebook atopei un tandem ( ou como eles din, un intercambio) galego - catalan, na comunidade autonoma de Cataluña … interesante non si? …

… Existirá en Tübingen un tandem galego - aleman ? …

Non vos hai nada mellor que reflexionar sobre o propio idioma a través doutra lingua … fai falla un chisco de valor para iso ...

lunes, 28 de junio de 2010

Children see. Children do

Fanse os suecos fronte os organos consultivos … recordame isto a todos os abusos cometidos contra o patrimonio material, a caso as linguas non son patrimonio? Propiedade de todos os que as falan? por que non habiamos nos de mimala, coidala e querela logo tela desprezado durante ben tempo?
Agora negaranmo, diranme que non é certo, pero cando eu era cativa teño escoitado atentados verbais contra o noso galego, sentencias inxustas que saian dos beizos dos achegados nesa mesma lingua que odiaban … pero conforme pasaron os anos, conforme os libros de texto comezaron a vir en galego, conforme viron, sentiron e leron e esocoitaron que expresarse na lingua que nos era propia era fermoso, axeitado e correcto, conforme compartiron comigo a ledicia dos meus pequenos e insignificantes intentos de contrubuir case silenciosamente á literatura galega … conforme a TVG nos amosou que as mellores dobraxes son as galegas, conforme todos na casa aprendimos que aquelo que falabamos se podia por en valor que so o podiamos facer nos cada dia … as palabras feas tornaronse en fermosas e unha muller duns 80 anos, escoitando falar do “decretazo”, aquela muller que tiña acusado ó galego de ser bruto, de tontos e feo, dixo, cun non sei que de melancolico na voz: “eu non vos entendo nada … pero … o gallego … o gallego non deberan quitalo … évos o que falamos toda a vida”. … soa como se nos quitaran un anaquiño pequerrecho da alma, verdade ?
Recordo unha vez, creo que xa o contei, a unha galega emigrada a barcelona que dixo: non sei para que queres o galego, o catalan si que serve pero o galego … ( non lembro o idioma no que o dixo … ) … Non temos conciencia de patrimonio, dame na alma, que se foramos italia o coliseo arestora sería un centro comercial … esaxero ? Permitideme que o dubide … “dudo ergo ..”
Sosteño e espero soster sempre a idea de que a educación en varias linguas, como a que ata agora se fixera era beneficiosa, é certo, midome por min, unha persoa da que os amigos din que o seu piso parece a ONU, e que se vai de erasmus non a italia, como a inmensa maioria dos españois, senon a alemania, para decepcionar a xermanos tentando demostrar que somos máis que ¡ole! e ¡hey toro! … é máis o que realmente necesitamos non é unha educación plurilinguista ( tipo xunta ) senon unha educacion filolinguista ( non sei se existe ) por non falar xa dunha educacion que nos ensine a ser autonomos, a tirar das nosas capacidades a usar o que saibemos no noso beneficio, sexa moito ou pouco ese saber … que nos amosen que os exames son só papel, pero que o saber é vida … e este non é un traballo que comece na escola, senon na casa, a caso esperamos que nos aprendan na escola o que son valores como a toleracia, o respeto ou nos esperten o instinto de curiosidade que nos fai avanzar na aprendizaxe?, todo iso ha de comezar na casa, por que na casa medramos, criamonos, amamos, a escola, non é o unico medio educativo, medrar e educarse, medrar e aprender, medrar … o ser humano aprende continuamente …

miércoles, 12 de agosto de 2009

A casa das linguas

Miña avoa gardaba no seu faiado un dos maiores segredos da historia. Non era unha muller de letras, nin de ciencias, pero si unha muller de mundos e supersticións que aprendera nas súas viaxes a ver o mundo coa música das linguas.
Falaba galego, italiano, francés, ingles e chapurreaba alemán e outras linguas, e dominaba o mundo dos xestos de tal xeito que non necesitaba palabras para entenderse na maioria das ocasións. Ás veces esquecemos que as mans e os sorisos din máis cás palabras, ou simplemnte que son sustento destas.
A chave do faiado foi o regalo do meu oitabo cumpreanos pero o segredo que ali se gardaba non foi meu ata moito tempo despois, cando eu, soa, na escuridade, perdida entre os andeis, coa voz da avoa alen do tempo e o espacio, irrecuperable xa, comprendin a importancia daquelas pequenas caixiñas dispostas en orde alfabético.
Cada unha daquelas caixiñas de madeira contiña dentro unhas areas de luz dourada, areas que resplandecian soas e agarimaban o rostro coa quentura dos murmurios que saian delas. A miña avoa foraas xuntando nas súas viaxes, custaba atopalas, pero valia a pena perdelo tempo na busqueda. Dentro delas durmian palabras de distintos idiomas, lendas e contos, eran como frasquiños de linguas condensadas. O caldo, por exemplo, sabía moito mellor cando botabas unhas areiñas de galego, por iso, e podedes preguntalo, os caldos de miña avoa eran os máis famosos do concello, por non dicir da comarca. Combiña non abusar daquelas sustancias, para non malgastalas, pese a que as caixas parecian non acabarse, como se non tiveran fondo, sempre se corría o perigo de que calquera lingua comezase a morrer ós pouscos.
A saude dun idioma recoñeciase a través da luz que desprendian aquelas areiñas sendo mala sinal que aquel resplandor fora intermitente por non dicir nulo. Cando unha lingua morría, morrían tamén as musicas do interior das caixiñas, apagabase completamente, e a area era simplemente iso, area. Outros tirarian aqueles refugallos de falas xa esquecidas, pero ela non, ela gardabaas nun recunchiño apartado, coa esperanza de algunha daquelas sementes revivise, e eu, herdeira do segredo, seguin o seu exemplo.
Un caso especial era o do latín, o grego clásico e o sanscrito, que non estaban mortas, polo que puiden ver ó abrir as caixiñas, senon como sumidas nun estraño letargo. Resplandecian intermitentemente as veces, e outras a luz que emitian era diferente, pero igual de calida, e de agradable. A min gustabame abrir as caixiñas na escuridade deixando que esvarasen por min aquelas luces, prestabame tamén durmir coa caixiña do noruegues aberta, escoitando os murmurios calmos que saían dela. Non sei por que, pero o noruegues era o meu preferido, era doce, harmónico ... e cando quería viaxar a un pais exótico revolvia entre as linguas que habitaban os trópicos. Outras veces preferia sentir correr polo meu sangue linguas diferentes e mesturaba unhas cantas areas con cacao, estiven, sen sair do faiado, na África profunda e na afastada Oceania.
Gustabame viaxar levando na maleta a caixiña do galego, lingua do meu berce, idioma materno, dabame seguridade cando soa recorria os pasos de miña avoa polo mundo. Unha noite nolstalxica, nalgunha gran capital europea, xa ben caida a noite, abrin a caixiña e deixeina na mesiña de noite, para que iluminase a habitación do hotel como o lume dun lar. Enton aconteceu, a luz pareceu perder intensidade por un breve momento.

martes, 16 de junio de 2009

Alien


Sintome un pouco alien cando leeo todo iso da enquisa dos 200.000 euros, que se o inglés debera ter unha mellor acollida na educación, que se non sei cantas cousas máis … Parece que se desencadeara unha guerra caladiña e silenciosa, un enfrontamento que se vía vir e non se fixo nada para frealo, salvo alimentar mentiras ou calar verdades (que tanto pecado ten unha cousa como a outra).Si, son un alien que alucina lendo os xornais galegos e escoitando á xente de fora de Galicia falar do que malamente sabe, sempre ás voltas comparandonos co caso catalan … Ninguen recorda que para escoller libremente entre duas linguas primeiro hai que dominar ámbalas dúas, ninguén recorda que existe unha historia antes de que a lingua franca fora o inglés.En cuestión de linguas, como de coñecemento, particularmente creo que cantas máis liguas sabes máis sentes a necesidade de aprender outras, por que unha lingua franca só é unha porta aberta detras da que se extene unha rede de multiples camiños linguisticos. E é que dalgunha forma os limites do coñecemento estan, en parte, nas fronteiras linguisticas …
E xa sei que o discurso sen sentido, como tantos outros que me son propios, non esta moi acorde co tema … pero que queredes … ando sensible linguisticamente falando … teño un trauma filolóxico non sei se superable … en fin … ESPERANZA AMIGOS.


viernes, 12 de junio de 2009

Preguntalle a ela

Durante moito tempo correu de boca en boca, festexando e chorando, vivindo canda eles, sentido como se lle renovaba a vida canda o alento das palabras. Ferro, lume e ternura tocaranlle vivir, ela era ama do mundo, do sentimento, do saber. De libro en libro e de conto en conto pasaba os días xunto ó lume, sentía nela a vida dos ancestros e un palpito de nova sabía latía no seu corazón. Eran dela as froitas, as arbores, as nubes, os días de sol, as engurras, as pompas de xabrón coridas que corrían polos lavadoiros, as augas frías, as sanguesugas dos regos, os callaretes libres e os malogrados en infantís máns, as mágoas, a bágoas e as xestas, a brétema a neboa e as treboadas, o perfume das candeas acesas, as sombras da Santa Compaña, as adalas, os adivais e os aqueloutramentos. Levedaba canda o pan no forno logo de percorrelas mayas. Sen ela todo era vacio e van, non había nomes, non había saber ... as cores e o mundo eran diferentes ... as cores e o mundo foron sen ela difentes cando lle porhibiron brincar no colexio, nos cadernos e nas casas dalguns nenos ... e cada día morría un pouco máis, os alentos xa non lle daban vida, a musica dos beizos era distinta ...