CASTELLANO
Hace mucho que no escribo sobre lenguas. Me aburre. El mundo se ha desquiciado según veo las entradas de twitter, facebook y varios blogs. Es normal que la imagen que estemos dando fuera de nuestras romanas murallas sea la de extremistas cerrados en palabras. ¡Con lo hermoso que es poder decir te quiero en mas de una lengua! ¿A nadie se le ha ocurrido eso? ¿Lo bonito que es poder ver el mundo con más de una palabra que lo defina? Pero no, solo hay una única verdad, una única salvación y un único camino. Y entre tanto disparate la gente que observa desde fuera ve una realidad bien distinta a lo que nosotros mismos hemos vivido.
GALEGO
Fai moito que non escribo sobre linguas. Aburrome. O mundo desquiciouse segundo poido ver nas entradas de twitter, facebook e varios blogs. Pareceme por iso moi normal a imaxe que estamos dando fora das nosas romanas murallas. Parecemos uns extremistas cerrados en palabras. Co fermoso que é poder dicir quérote en máis dunha lingua! ¿A ninguen se lle ocurriu iso? ¿O bonito que é poder ver o mundo con máis dunha palabra que o defina? Pero non, solo hai unha única verdade, unha única salvación e un único camino. E entre tanto dispara a xente que observa dende fora ve unha realidade ben distinta ó que nosotros mesmos vivimos e queremos defender.
Manifestos desquiciados, blogs manipuladores, causas xudiciais. ¿Perdístelo norte? Polos Deuses! Que alguén lle poña sentido común a isto !!!!!
A prosa como motivo ... das letras ás ideas. O noso lugar de reunión. Unsere Treffpunkt.
Mostrando entradas con la etiqueta politica lingüistica. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de marzo de 2012
domingo, 17 de enero de 2010
A escola rural do señor Feijoo
O señor Feijoo non aprendeu ingles por que estudiou nunha escola rural.
1. Cando o señor Feijoo estudaba iso do ingles era aínda algo pouco claro ( me parece )2. O problema non é o rural, o problema son as clases e a metodoloxía.
Tiven a sorte ( para Feijoo a desgraza) de criarme nunha burbulliña garimosa que chaman mariña, un cacho de terra que limita con asturias e esta bañado polo cantábrico ( con inglaterra mar por medio, vaia). O prescolar disfruteino no meu mesmo pobo, recordo ir camiñando algunha vez, pola estrada xeneral, pero miña nai tenme levado tamen no coche, un seiscentos blanco de asentos de “non se sabe que” negros. Alí pintabamos peixes vermellos, casas azuis e cantabamos e xagabamos e ríamos en galego. Logo, fun á primaria, a un colexio pequechiño, que conforme pasaban os anos perdia numero de alumnos, e alí aprendin a ler e a escribir en castelan, ( na casa e no prescolar liannos ás veces contos en castelán tamén, e podía entedelos perfectamente), logo cheou terceiro de primaria e pasei tres anos traducindo textos do ingles: non aprendin nada. Pero non era por que o colexio fora pequeno ou por que a miña educación de prescolar fora en galego, ou por que na casa tiveramos xato e horta, nada diso. Non aprendin por que non tiñamos metodo, nin aula de lingua, eu sei que a mestra fixo todo o que estaba nas súas máns, pero as regras linguisticas hai que saber transmitilas, non serve só traducir textos por que o inglés é un idioma vivo.Logo chegei ó instituto, pequeño en comparación cos das capitais. Ribadeo, que fermoso é cando o día é maino e grisallo e ven esa brisa quente que nos anuncia próxima choiva. Alí unha fixo o que puido, tendo en conta os antecedentes, e aprendeu que a desgraza que lle caera co ingles non se repetia noutras linguas como o frances, asíque, aprendeu francés. E saín así do instituto falando francés cun nivel B1 segúndo o meu curriculum vitae, un nivel que vai pra baixo pero que penso recuperar cun tandem ( desu bendiga ó inventor do metodo).Logo cheguei á universidade, señor Feijoo, e aquí aprendin que o ingles é vital e esencial e que ninguén me ensinara iso na escola, nin no instituto. Pero tamén aprendin que podía aprender outros idiomas para pouco a pouco ir perdendolle o medo a esa lingua endiañada que me acompañou toda a vida coma unha sombra de ignorancia. E aprendín alemán po casualidade, e vaime ben, en ano e medio falo máis alemán que inglés. Será que non lle puxen interese a aprendizaxe da outra lingua por que estaba nun lugar cativo e rural onde os idiomas non importan por que a xente é unha analfabeta que se adica a andar falando en galego? Pois non. E non aprendo italiano por que me falta tempo, máis vivo con dúas mestras maravillosas.Dende o meu particular pensar, considero que o problema non é o rural nin a cidade, pro que á forza de falar de tanta diferenza acabaremos crendo en dúas Galicias diferentes. O problema estriva en que mentras as linguas extranxeiras continúen a ser papel escrito seguiremos indo mal … Non creo que sexa necesario impartir asignaturas en ingles, ó contrario, penso que á calidade debe primar sobre a cantidade.Pero a unica verdade é que as aldeanas coma min, que estudiaron nunha escoliña rural, en galego ( aínda por riba) non temola capacidade de falar sobre linguas e a súa aprendizaxe, iso hemosllo deixar a politicos que non recordan os teus tempos de estudiante e qeu esquecen que Galicia é e será sempre plurilingue. Se os galegos tiveramos tantos problemas cos idiomas pareceme que non estaríamos tan repartidos polos mundo falando linguas tan diferentes e sentindo latir no peito a morriña e a saudade por unha terra perdida no tempo e o recordo …

Suscribirse a:
Entradas (Atom)