A prosa como motivo ... das letras ás ideas. O noso lugar de reunión. Unsere Treffpunkt.
viernes, 12 de junio de 2009
Preguntalle a ela
Durante moito tempo correu de boca en boca, festexando e chorando, vivindo canda eles, sentido como se lle renovaba a vida canda o alento das palabras. Ferro, lume e ternura tocaranlle vivir, ela era ama do mundo, do sentimento, do saber. De libro en libro e de conto en conto pasaba os días xunto ó lume, sentía nela a vida dos ancestros e un palpito de nova sabía latía no seu corazón. Eran dela as froitas, as arbores, as nubes, os días de sol, as engurras, as pompas de xabrón coridas que corrían polos lavadoiros, as augas frías, as sanguesugas dos regos, os callaretes libres e os malogrados en infantís máns, as mágoas, a bágoas e as xestas, a brétema a neboa e as treboadas, o perfume das candeas acesas, as sombras da Santa Compaña, as adalas, os adivais e os aqueloutramentos. Levedaba canda o pan no forno logo de percorrelas mayas. Sen ela todo era vacio e van, non había nomes, non había saber ... as cores e o mundo eran diferentes ... as cores e o mundo foron sen ela difentes cando lle porhibiron brincar no colexio, nos cadernos e nas casas dalguns nenos ... e cada día morría un pouco máis, os alentos xa non lle daban vida, a musica dos beizos era distinta ...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario