“Soñe que la profe me quitaba el libro”
Ésta é a última de Galicia Bilingüe.
Debo recoñecer que a profesora debería templar un chico máis os nervios, ó fin e ó cabo un neno de seis anos non é culpable de nada. Cando eu tiña seis anos caeume nas mans o meu primeiro libro en galego, e recoñezama-lo, eu que era maternofalante en galego lia aquilo e soabame a chino cantones … pero este é xa outro tema.
O caso é que se A señora Gloria Lago e por extensión Galicia Bilingüe buscaran una verdadeira igualdade diríanlle a esa nai que lle compre o libro en galego ó neno e que apande, como apandaron tólas nais, incluida a miña, cando tocou facer os deberes de “Coñecemento do medio”, pois por decreto a asignatura impartese en galego, asique por decreto os libros deberían están en galego. É moi bonito iso de usar as linguas indiscriminadamente e falar de bilingüismo, pero nunha clase hai que aterse a só una lingua vahicular, sexan todos bilingües ou non. Iso de andar cambiando de idiomas por que si non é bo para a saúde cerebral. E estavos a falar unha que esta acostumada a estar en conversas con catro linguas (polo menos) derriba da mesa …
Ó respecto de “Coñecemento do medio” a asignatura con mais terminoloxía e contido para memorizar debo engadir un: queeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee??? Que terminoloxia?:
GALEGO = CASTELAN
Equinodermo = equinodermo
Paquidermo = paquidermo
Oviparo = ovíparo
Crustáceo = crustáceo
Taiga = taiga
Tundra = tundra
Clima oceánico = clima oceánico
Xúpiter = Júpiter
… e podería seguir por ahí repasando a teoría de placas tectónicas, os estados dos líquidos, a fecundación das frores … Non existen tantas diferecias na linguaxe científica entre dúas linguas e menos cando son da mesma familia. Incluso entre o español e o alemán hay semellanzas que facilitan a vida universitaria:
Interpretacion = die Interpretation
Cirurxia = die Chirurgie
Respecto ó outro argumento de que en moitas asignaturas se seguen a usar libros en galego cando deberían ser en castelan,… Certo, touché, ahí teñen razón pero que analicen as razóns: a gratuidade de ditos libros. Por que ben que me lembro do caros que eran os libros cando eu ía á escola, e agora polo visto xa non existen ese libros gratuitos dos que algún gozaron por que claro, como estamos en crise non se pode gastar nestas cousas … anda que … O país que non invirte na educación dos seus cidaddans é un país cun futuro ven neghriño.
En fin o cantar dos cantares de sempre, non sei para que me molesto en escribir. Iso si, hai por ahí algúnha nai ou pai desocupado que quería facerlle de antagonista a esta señora Lago??? Así poderíamos venderle a historia á Marvel e polo menos financiaríamos os libros de texto ¬¬