martes, 16 de junio de 2009

Alien


Sintome un pouco alien cando leeo todo iso da enquisa dos 200.000 euros, que se o inglés debera ter unha mellor acollida na educación, que se non sei cantas cousas máis … Parece que se desencadeara unha guerra caladiña e silenciosa, un enfrontamento que se vía vir e non se fixo nada para frealo, salvo alimentar mentiras ou calar verdades (que tanto pecado ten unha cousa como a outra).Si, son un alien que alucina lendo os xornais galegos e escoitando á xente de fora de Galicia falar do que malamente sabe, sempre ás voltas comparandonos co caso catalan … Ninguen recorda que para escoller libremente entre duas linguas primeiro hai que dominar ámbalas dúas, ninguén recorda que existe unha historia antes de que a lingua franca fora o inglés.En cuestión de linguas, como de coñecemento, particularmente creo que cantas máis liguas sabes máis sentes a necesidade de aprender outras, por que unha lingua franca só é unha porta aberta detras da que se extene unha rede de multiples camiños linguisticos. E é que dalgunha forma os limites do coñecemento estan, en parte, nas fronteiras linguisticas …
E xa sei que o discurso sen sentido, como tantos outros que me son propios, non esta moi acorde co tema … pero que queredes … ando sensible linguisticamente falando … teño un trauma filolóxico non sei se superable … en fin … ESPERANZA AMIGOS.


No hay comentarios: