Fanse os suecos fronte os organos consultivos … recordame isto a todos os abusos cometidos contra o patrimonio material, a caso as linguas non son patrimonio? Propiedade de todos os que as falan? por que non habiamos nos de mimala, coidala e querela logo tela desprezado durante ben tempo?
Agora negaranmo, diranme que non é certo, pero cando eu era cativa teño escoitado atentados verbais contra o noso galego, sentencias inxustas que saian dos beizos dos achegados nesa mesma lingua que odiaban … pero conforme pasaron os anos, conforme os libros de texto comezaron a vir en galego, conforme viron, sentiron e leron e esocoitaron que expresarse na lingua que nos era propia era fermoso, axeitado e correcto, conforme compartiron comigo a ledicia dos meus pequenos e insignificantes intentos de contrubuir case silenciosamente á literatura galega … conforme a TVG nos amosou que as mellores dobraxes son as galegas, conforme todos na casa aprendimos que aquelo que falabamos se podia por en valor que so o podiamos facer nos cada dia … as palabras feas tornaronse en fermosas e unha muller duns 80 anos, escoitando falar do “decretazo”, aquela muller que tiña acusado ó galego de ser bruto, de tontos e feo, dixo, cun non sei que de melancolico na voz: “eu non vos entendo nada … pero … o gallego … o gallego non deberan quitalo … évos o que falamos toda a vida”. … soa como se nos quitaran un anaquiño pequerrecho da alma, verdade ?
Recordo unha vez, creo que xa o contei, a unha galega emigrada a barcelona que dixo: non sei para que queres o galego, o catalan si que serve pero o galego … ( non lembro o idioma no que o dixo … ) … Non temos conciencia de patrimonio, dame na alma, que se foramos italia o coliseo arestora sería un centro comercial … esaxero ? Permitideme que o dubide … “dudo ergo ..”
Sosteño e espero soster sempre a idea de que a educación en varias linguas, como a que ata agora se fixera era beneficiosa, é certo, midome por min, unha persoa da que os amigos din que o seu piso parece a ONU, e que se vai de erasmus non a italia, como a inmensa maioria dos españois, senon a alemania, para decepcionar a xermanos tentando demostrar que somos máis que ¡ole! e ¡hey toro! … é máis o que realmente necesitamos non é unha educación plurilinguista ( tipo xunta ) senon unha educacion filolinguista ( non sei se existe ) por non falar xa dunha educacion que nos ensine a ser autonomos, a tirar das nosas capacidades a usar o que saibemos no noso beneficio, sexa moito ou pouco ese saber … que nos amosen que os exames son só papel, pero que o saber é vida … e este non é un traballo que comece na escola, senon na casa, a caso esperamos que nos aprendan na escola o que son valores como a toleracia, o respeto ou nos esperten o instinto de curiosidade que nos fai avanzar na aprendizaxe?, todo iso ha de comezar na casa, por que na casa medramos, criamonos, amamos, a escola, non é o unico medio educativo, medrar e educarse, medrar e aprender, medrar … o ser humano aprende continuamente …
No hay comentarios:
Publicar un comentario