Mostrando entradas con la etiqueta cultura sepulcral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura sepulcral. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Enrique Metinides

El retrato de la muerte en nuestra sociedad aparece de muy diversas formas, y aunque sigue tienendo cierto rango de tabu lo cierto es que imagenes de este caracter nos rodean. Baste encender la tele para percatarse.
Pioneros fueron en su momento los reporteros de Guerra y sucesos, a parte de los fotografos de toda la vida que ofrecian sus servicios de retratistas postmorten.

Pero vayamos a la fotografia de sucesos. Un nombre destaca enttre todos ellos, al menos para mi gusto. Enrique Metinides. La primera vez que vi una de sus obras fue en el museo de Cultura de Sepulcral de Kassel, y aquella imagen tan aterradora como melancolica y tierna me sigue persiguiendo hasta hoy.
Lo cruel de los retratos de Metinides se compensa con ese gusto por lo artistico y meticuloso que impregna toda su obra y que parece hablarnos no de un simple reportero, sino de alguien que tras el objetivo esta sintiendo en propia carne el horro de la imagen. ¿horror?
No voy a poner aqui ninguna imagen de Metinides, googleimagenes hará el trabajo por mi, pero debo advertir antes de que sus imagenes no sirven para cualquier publico. ¿o si?
El halo de ternura que impregna su obra es lo que realmente fascina, la violencia hecha amor al arte, amor al mundo, casi podría decirse que amor a la vida. Si uno, viendo sus fotos, no repara en como su corazón late, como sus pulmones se inflaman, y como sus ojos se llenan de color, etonces es que no tiene alma.

Eso es Metinides: una ventana a las ganas de vivir, una vista desde el abismo de la muerte cruel y repentina, esa muerte que sesga la vida en menos de un suspiro.

domingo, 23 de octubre de 2011

A morte televisada/televisiva

E non me refiro só á morte neuronal masiva que provocan algún programas senón que a tematica sepulcral esta a apropiarse de gran parte dos guións. Dous tres son os perfectos exemplos:

- Criando malvas.
- A dous metros baixo terra.
- Tan mortos coma min.

( googleade, pode que alguna desas series bos guste, a miña favorita foi hai un tempo a terceira, aínda que teño que recoñecer que esta chea de tópicos e non moita orixinalidade)

Outras series como Buffy, Anxel, True Blood, Vampire Diarys están tamén relacionadas co tema ainda que os cadaleitos foran subtituidos por doses masivas de mordiscos e sangue e guións de certa orientación sensual e sexual.

Doctor Who non escapa tampouco á moda. Nos seus inicios foi unha seríe de tema un tanto escuro pero pronto se acabou convertendo nunha serie familiar. Comezou nos anos senseta e sufriu un gran paron ata 2003. As temporadas novas ( do 2003 en diante) seguen fieis á orixinalidade da serie, baseandose na problemática do tempo e as alteracións do mesmo. Dúas son as regras principais que se poden ler de capitulo en capitulo: nada é o que parece e todo se recicla.

Así pois Doctor who aporta visións diferentes das cousas normais, por exemplo, os Anxos Choróns dos cemiterios son en realidade maquinas de matar, seres sedentos de sabe Deus qué, que se moven cando non os miras:

- Blink.
- O tempo dos Anxos.
- Carne e Pedra.

Estes son os capítulos nos que podedes desfrutar desta delicia: os anxos choróns. Ademáis Cantos de nos non pensábamos xa iso antes de que o Doutro nos abrirá os ollos? Acaso non tomaban vida esas estatuas no noso maxin moito antes?
De temática sepulcral tamén é o capitulo “A terra famenta”. Un capitulo que retoma a Verne para levarnos ata as entrañas da Terra dunha forma moi curiosa: algo pasa nesta vila, as tumbas quedaronse sen os seus defuntos, a terra enguliunas ( non me diredes que os mesmos que xa pensabades nos anxos de pedra non pensastes tamén alguna vez nas sepulturas famélicas ou?). En realidade este capitulo é a primeira parte da historia, que se resolve nun segundo capitulo tan intenso e interesante coma o primeiro, que non perde ritmo nin sentido e que se resume, igual que o primeiro nunha frase que ven podería ser un dos lemas do noso Doutor: TENDES QUE SER O MELLOR DA HUMANIDADE!
Unhas veces os acompañantes do doutor son o mellor da humanidade, e outras non, ó fin é o cabo son humanos, somos humanos. Pero eu, coma ó doutor, gústame pensar que todos, en malos momentos, podemos ser o mellor da humanidade ( que pasaaaaaaaa, soñar non é caro)
En fin queridos, xa seguirei outro día actualizando, quen sabe se con máis historias da Tardis ( da do doutor ou da miña propia). Hasta entón, lede moito, estudiade un saco, ride e por suposto:
SEDE O MELLOR DA HUMANIDADE!
é por suposto: DON'T BLINK!!!!!!

domingo, 16 de octubre de 2011

Integración mindoniense

As San Lucas son sinónimo de Pulpo ( por esta casa sempre se dixo pulpo asique desculpádeme por non usar o nome reglamentario), cabalos, castañas, paraugas, e xente para riba e para baixo que te sauda ou non te sauda ou te recoñece ou te recoñece tarde. Sen embargo vense dando dende hay un tempo un fenómeno interesante que ten como foco o cemiterio vello.
É visita obrigada pasar polo cemiterio no que descansan ilustes coma Don Alvaro Cunqueiro ou Don Pascual Veiga. Nun enclave interesante ( Case á entrada de Mondoñedo) o Cemiterio Vello, construido en terrazas e vixiado polo Mosteiro dos Picos, é un exemplo de cemiterio de finais do XIX e principios do vinte, con rezumes centroeuropeos, pero determinante carácter mediterráneo, hoxe en día convertido nun parque e totalmente integrado á vida diaria do mindoniense.
Os que visitastedes ó cemiterio nestes días, se puxestes a orella, escoitariades como as veces os visitantes xogan a encontrar certas tumbas ( entre elas a de Cunqueiro), un nicho tipo columbarium ( o columbarium é para restos incinerados pero tamén se emprega para describir o tipo de tumba mediterránea, o nicho de parede), e a de Pascual Veiga, un cruceiro cunha gaita e unha lira grabadas no pódium. De interese histórico artístico ha de destacarse o mausoleo neogótico con altar de mármore neoclásico, así como outra tumba ó comezo da segunda terraza na que aparece unha figura veada. Por outra banda, nos nichos columbarium ( non recordo en que terraza) atópase unha placa á sete rribadenses fusilados durante a Guerra Civil, exemplo fermoso e austero do que significa memoria histórica.
Se ademáis de por o oído tamén puxestes a vista, decatariadesvos de que o cemiterio se esta a converter en lugar de botellón. Recordo que ata hai uns anos, eran so as escaleiras das entradas as que se daban a estos menesteres, hoxe sen embargo pódense encontrar botellas de diferentes bebidas ( Red Bull, Bourbon, fanta …) ós pes das tumbas. Certo é que o “red bull” dáche ás, sen embargo non creo que se considere aínda tan efectivo coma unha indulxencia plenaria.
Caen os tabús da sociedade actual, iso non é malo, non en todos os casos. O botellón nun cemiterio-parque só é indecente cando se dan casos de vandalismo: vidrieiras rotas e lápidas. Cousas vistas en Mondoñedo tamén.

viernes, 14 de octubre de 2011

As flores foron dende antigo un dos adornos máis baratos cos que se podía contar. Xa na Idade de Bronce se atoparon enterramentos nos que as frores acompañoron ós defuntos na súa viaxe a través da eternidade. A tradición floral ligada ó mundo fúnebre mantense ata os nosos días, aunque moitos descoñecen cal é a verdadeira orixe. Por suposto a tradición cristiá ( só fai falla recordar o significado das vanitas e os xarróns de flores na Holanda do XVII) relaciona a flor coa brevidade e fraxilidade da vida, así coma una expresión tácita de sentimentos ( cada flor ten o seu significado). Pero non nos andemos con rodeos e divagacións: as flores do velatorio non están relacionadas nos seus orixes co sentimento dos achegados e as mostras de afecto, son algo máis práctico, o seu aroma esta destinado a esconder o olor que se pode desprender do cadáver. Sei que moitos estaredes poñendo cara de: esta muller delira. Pero non, non deliro. Só temos que decatarnos de que ata hai medio século os velatorios se levaban a termo nas casas, e que podían extenderse ata tres días despois da defunción, por suposto as caixas por moi herméticas que foran non poden conpararse cos cadaleitos de cinc de hoxe en día, nin cos aparellos de refrixeración dos tanatorios. Por suposto non se pode negar que as flores tomaron un rol social, expresaban opulencia e afecto, como non pode ser de outra maneira nun acto de exposición pública. Así no século XIX romero, loureiro e outras plantas aromáticas eran metidas dentro do sartego. O mesmo Alexander Dumas nolo conta no capitulo VI da súa “Dama das Camelias”: El ataúd era de roble, y se pusieron a desatornillar la pared superior, que hacía de tapa. La humedad de la tierra había oxidado los tornillos y no sin esfuerzos abrieron el ataúd. Un olor infecto salió de él, a pesar de las plantas aromáticas de que estaba sembrado. [xa sei que Dumas escribia en francés, pero e que non teño ganas de buscar o orixinal nin de traducir este fragmento]
Un caso especial de adorno floral foron as coroas de flores ou ramos de man que se lle colocaban ós defuntos durante o velatorio e que depois se lles entregaba á familia. Por iso supoño que unha casa do século XIX non sería tal e como nos contan nas películas, senón que pedurados daquí e acolá aparecerían estos ramos, metidos dentro dun cadro, coma unha pequena vitrirna de cristal con marco xunto co nome do defunto e as datas de nacemento e morte. O fenómenomeno non é soamente centroeuropeo, vaia, quero dicir que se deu tamén en España e en Galicia. Sei de boa man que eses ramiños existían ainda que me falta por averiguar que se facía con eles. Así por exemplo, na casa conservamos o ramiño dun anxiño, irmán de miña avoa que me dispoñerei a enmarcar en breves. Faltanme sen embargo as datas de nacemento e morte do pequeño e estou dubidando aínda se ir a pedir a partida de bautismo e defunción ou simplemente enmarcar o recordo e volver esquecelo nun caixón.
Hoxe en día a morte xa non ten cheiros, ou si? Non llo pregunto a ningún forense, senón a todos aqueles que poden comparar entre os velorios de hai 20 anos e os de hoxe. Non sei se vos decatastes pero a pesares de toda a hixiene e refrixeración a frase: “aquí cheira a morto” segue sendo actual. Certo é que nos velorios xa case non hai candeas prendidas que despidan recendo a cera queimada, nin herbas aromáticas. As cousas cambian: as plañideiras non berran, poñen gafas de sol. Con cera o usen ela, os adornos florais das funerarias teñen un recendo característico mestura de caravel e crisantemo, que se pega nas fosas nasais e nos enlaces neuronais. Tanto é así que unha vez tiven que deixar de usar un perfume que levaba como nota base o crisantemo por que cada vez que o poñia me sentía entrando nun velorio. Ese recendo característico do que falo é, por certo, puramente químico, xa que os floristas botan potenciadores do olor nas flores.
Próximamente: os anxiños.

martes, 2 de agosto de 2011

La muerte sustituye al sexo

El ultimo gran tabu de nuestro tiempo

(no tenía tildes ni eñes cuando lo escribí asique ... sorry)
Estoy aqui en mi mesa del Museo de cultura sepulcral, deprimiendome por el estado aun penoso de mi aleman y reflexionado sobre la muerte, por que otro trabajo no me habrán dado, pero desde luego, el de reflexionar si. Menos mal que los profesores de aleman, los que son buenos, te ensenan a hacerlo bien ( los que hayan echo del tandem de Bochum, saben por que lo digo, y saben que lo digo tambien con el mayor afecto del mundo.)
En la sociologia acutal, concretamente en el campo de la tanatologia, hay dos tendencias diferentes: la de considerar a la muerte como un tabu y la de considerar a la muerte en nuestra sociedad como todo lo contratio. La primera se apoya en el tan conocido argumetno de la indivualidad y mercantilizacion de todos los planos de la vida y la segunda se apoya en el desarrollo del arte de nuestro tiempo, es decir, cine, television y demas medios propios de nuestra era.
Para la mayoria esta claro que hoy morirse ya no es lo que era. Como amar, que segun Bauman, tampoco es lo que es. Bueno, evidentemente Bauman tiene razon, ya no vivimos en el siglo XIV o en el XIX y eso se tiene que notar. Nuestra vida es otra, y amor y muerte, que siempre han ido de la mano, y son ( a mi entender) dos de los conceptos mas importantes para comprender la propia existencia, tampoco son lo que eran. El cambio esta permitido, no es peor ni mejor, solo cambio, adaptacion a la vida actual, pero los romanticos empedernidos como yo anoraremos por siempre esos cementerios como el de Monjuic o Pierre Laschese donde los angeles lloran nuestra malgastada vida humana.
Pero centremonos en el tema: La muerte ya no es como era. Ya no hay planideras, ni se muere en casa rodeado de los amigos, familiares, vecinos y curiosos. Por que asi entregaba uno el utlimo aliento, rodeado de ojos brillantes y siluetas negras, y por eso habia que tener preparada las utlimas palabras, para dejar el ultimo rastro de la exitencia suspendido del aire viciado de la habitacion. A la muerte nos la hemos llevado a los hospitales y hospicios, y la hemos metido tras los escaparates de las funerarias. La hemos alejado de nosotros y hemos profesionalizado su ambito. Al muerto ni tocarlo, y a veces ni verlo. Dicen sin embargo los sociologos que esa frase de: “Hay que quedarse con los recuerdos y no con la ultima imagen” es muy bonita pero que no ayuda a pasar el duelo, que la asimilacion de la perdida tarda mas en hacerse pausible, y dicen tambien que los ninos, a los que hoy constantemente alejamos de este tipo de ceremonias ( me estoy refiriendo concretamente al velatorio) deberian poder ver al difunto en caso de que ellos quieran, aun cuando no comprendan que es lo que estan viendo o ven. Hemos desnaturalizado a la muerte, dicen los expertos, perdon, algunos expertos.
¿Es que no estan de acuerdo? Pues como decia antes: no, no lo estan. La segunda de las teorias es la que proclama que la muerte esta mas presente que nunca. Television, radio, periodicos, cine, ... el exito de CSI, NVIS no son casuales. A mi este argumetno tan simple, no me basta. Literatura y arte han contado siempre con la presencia escondida o explicita de los mayores tabus de la sociedad, si no fuera asi, entonces en verdad serian artes deshumanizadas, aunque esto lo explicaria mejor Freud.
El caso es que tenemos videojuegos donde se puede matar sin culpa, vemos violencia en la television sin sentir dolor, el cine se vuelve cada vey mas extremo ante los ojos acostumbrados de los espectadores, las fotografias de crimenes nos recuerdan a CSI mas que ponernos los pelos de punta y el arte, que se supone reflejo de nuestra sociedad, coquetea con la muerte solo para provocar, por qeu asi es nuestra arte: provocadora ( y a veces demasiado alejada de la sociedad, pero eso es otro tema). Si, tenemos muerte por todos lados, rodeandonos, pero no somos conscientes, la hemos musealizado tras el cristal expositor de la funeraria o tras la pantalla del ordenador y acudimos a ella con un instinto morboso mas que humano ( vease como ejemplo la polemica foto de Ben Laden). Y esque antes ( vayamonos al medievo) la gente se moria en la calle, a tu lado, zas, fulminada por el rayo de Zeus (del Zeus cristiano claro), y si no me creis solo teneis que leeros el Decameron y la descripcion de la pestilente Florencia (lo de pestilente va por lo de Peste Negra), en el XVIII los grandes hombres de nuestra civilacion se fueron de manos del amor al otro mundo, perdon, queria decir de manos de la sifilis, y en el XIX las jovencitas reputadas y (re-putadas) dejaban que la tisis abrazara sus pulmones. Nosotros en cambio lo hemos acristalado todo hasta tal punto que ente la foto de un asesinato real y uno cinematografico casi no lo podemos distinguir. Y el problema no es que tomemos por real lo irreal, sino viceversa.
En resumen, yo no se quien tiene razon, no soy sociaologa ni psicologa, yo solo se que, sea como sea, bajo la perspectiva de las dos teorias, la muerte esta deshumanizada. Sera, como ya apunto Walter Benajmin: ningun tabu sobre la muerte, sino un tabu sobre el morirse.

lunes, 1 de agosto de 2011

El dormitorio de Piedra - Parte 1





Cultura sepulcral para Galicia (y España) ya!Pensaran vostedes que as esquelas, dende un punto de vista científico, serven como marcadores sociolóxicos e históricos do carácter dun pobo ou unha rexión. Eu tamén opinaba o mesmo, e oficialmente sígoo opinando, sen embargo, por detrás do escenario penso e repenso no guión necrolóxico da obra.

Collan vostedes calquer periódico de tirada autonómica en Galicia e conten cantas esquelas están en galego. Se agora mesmo unha catástrofe borra todo rastro humano e só quedaran as esquelas sobre a face da tela, os futuros arqueólogos pensaría, evidentemente, que o galego era un dialecto do castelan ou unha lingua de bechos raros. O caso é que a maioría das persoas protagonistas das esquelas falaron toda a súa vida en galego. Amaron e odiaron en galego, amaron e odiaron o galego, e o caso é que a ultima despedida se lle da en castelán, coma se para pregar pola alma, ou chamar ós anxos, so o castelán fora válido, cando a única lingua válida e a do corazón.
Dirán, xa esta esta co sentimentalismo como argumento para o mantemento dunha lingua. Pero nestes temas o sentimentalismo ( na sua medida) non pode estar ausente, as veces esquecemonos, ó tratar por estes campos de non desterrar a sensibilidade, cousa que non esta reñida co coñecemento científico. Iso aprendino en Kassel, e paréceme que é unha das leccións máis importantes do ano.
O caso é que a vista do numero de esquelas en galego tamén se pode pensar que so unha minima parte da poboación o ten coma lingua vehicular, pero eu mesma son testemuña de que non é así e de que moitas veces, cando andamos por estes campos escuros das Parcas, collemos automáticamente a lingua castelá. E non, non vou dicir a lingua extranxeira, importada ou imposta polo imperialismo español, simplemente vou dicir que tendemos a unha lingua máis que outra cando o natural sería que nas estadísticas de esquelas estiveran prácticamente equilibradas. E máis, non hai cousa que máis me entenreza que unha e esquela en Galego, ainda fronte a unha en castelan escrita polo máis iluste poeta, por que o feito de escoller a lingua na que probablemente toda a familia se comunica, xa é como escoitar versos … Si, e dalle co sentimentalismo.
Se por certas paraxes foran mais sentimentais e coidadosos, non diseñarían os cemiterio que deseñaron en Finisterre (mirade a foto). Evidentemente, a solución espacial e boa, tendo en conta que fronte a Europa, o enterramento ganalle á incineración. Só me pregunto se o arquitecto pensaba en apartamentos de luxo ou en tumbas, por que dende logo, o deseño para apartamentos estaría ( aínda dentro de dúbida) ben. Así mentras en Suiza se desenvolveu o modelo do Freiwald ( Cemiterio no bosque), un monte ó que as familias acuden coas cinzas dos seus seres queridos e as depositan ós pes dunha arbore, deixando logo unha placa co nome, en Galicia chantamos unas cantas molas de ormigon fronte o mar, de cor fría e petrea, que total, os mortos a xeada non a van sentir. O caso é, que pensamos de forma errada, o caso é que non tiñamos que pensar na eternidade e nos mortos, senon nos vivos, que queren ter ós seus seres queridos en lugares acollodores e non acolle-dolores, lugares que non espanten, senon que inviten a traer á cabeza os bos momentos vividos máis que a dor da ausencia. Pero en fin, seguiremos facendo o que sabemos, levantar cemento e pedra. Viva Galicia oh!!!! Non digo que vaiamos agora a contratar como bestas a arquitectos de xardins cementeriais ( esta profesión existe, polo menos en Alemania, e faina xente especializada, non arquitectos. Iso de saber por ladrillo esta sobrevalorado). Eu non me explico aind por que gañou tantos premios, por que tan loubado foi ese cemiterio desumanizado, lugar de pouco agrado, que ninguen quere visitar ( e sen axuda de restos mortuorios ainda)

Disque Galicia tivo unha relación especial coa morte, e que a sigue tendo. Prefiro manterme escéptica ó respecto. Que me demostre alguén que o que foi antes segue sendo agora. Que me demostre alguén que as nosas esquelas, a parte dos apelativos tan galegos que as veces acompañan os nomes dos protagonistas, teñen algo que as diferencie do resto da península, que reflexen ese carácter galego respecto a morte do que tanto se fala e tan pouco se ve. Que me diga alguén se iso se ve reflectido tamén nos nosos cemiterios. Eu coido que non, pero non son experta.


Deshumanizamonos, asi o din as esquelas, asi o din os novos cemiterios. Ou é que en realidade ahi esta o caracter galego? A nosa especial relacion con esa morte que facia vibrar campas no seculo pasado tornou, agora vemola tras dun cristal, como se miraramos o escaparate mesmo da vida ...