
Cultura sepulcral para Galicia (y España) ya!Pensaran vostedes que as esquelas, dende un punto de vista científico, serven como marcadores sociolóxicos e históricos do carácter dun pobo ou unha rexión. Eu tamén opinaba o mesmo, e oficialmente sígoo opinando, sen embargo, por detrás do escenario penso e repenso no guión necrolóxico da obra.
Collan vostedes calquer periódico de tirada autonómica en Galicia e conten cantas esquelas están en galego. Se agora mesmo unha catástrofe borra todo rastro humano e só quedaran as esquelas sobre a face da tela, os futuros arqueólogos pensaría, evidentemente, que o galego era un dialecto do castelan ou unha lingua de bechos raros. O caso é que a maioría das persoas protagonistas das esquelas falaron toda a súa vida en galego. Amaron e odiaron en galego, amaron e odiaron o galego, e o caso é que a ultima despedida se lle da en castelán, coma se para pregar pola alma, ou chamar ós anxos, so o castelán fora válido, cando a única lingua válida e a do corazón.
Dirán, xa esta esta co sentimentalismo como argumento para o mantemento dunha lingua. Pero nestes temas o sentimentalismo ( na sua medida) non pode estar ausente, as veces esquecemonos, ó tratar por estes campos de non desterrar a sensibilidade, cousa que non esta reñida co coñecemento científico. Iso aprendino en Kassel, e paréceme que é unha das leccións máis importantes do ano.
O caso é que a vista do numero de esquelas en galego tamén se pode pensar que so unha minima parte da poboación o ten coma lingua vehicular, pero eu mesma son testemuña de que non é así e de que moitas veces, cando andamos por estes campos escuros das Parcas, collemos automáticamente a lingua castelá. E non, non vou dicir a lingua extranxeira, importada ou imposta polo imperialismo español, simplemente vou dicir que tendemos a unha lingua máis que outra cando o natural sería que nas estadísticas de esquelas estiveran prácticamente equilibradas. E máis, non hai cousa que máis me entenreza que unha e esquela en Galego, ainda fronte a unha en castelan escrita polo máis iluste poeta, por que o feito de escoller a lingua na que probablemente toda a familia se comunica, xa é como escoitar versos … Si, e dalle co sentimentalismo.
Se por certas paraxes foran mais sentimentais e coidadosos, non diseñarían os cemiterio que deseñaron en Finisterre (mirade a foto). Evidentemente, a solución espacial e boa, tendo en conta que fronte a Europa, o enterramento ganalle á incineración. Só me pregunto se o arquitecto pensaba en apartamentos de luxo ou en tumbas, por que dende logo, o deseño para apartamentos estaría ( aínda dentro de dúbida) ben. Así mentras en Suiza se desenvolveu o modelo do Freiwald ( Cemiterio no bosque), un monte ó que as familias acuden coas cinzas dos seus seres queridos e as depositan ós pes dunha arbore, deixando logo unha placa co nome, en Galicia chantamos unas cantas molas de ormigon fronte o mar, de cor fría e petrea, que total, os mortos a xeada non a van sentir. O caso é, que pensamos de forma errada, o caso é que non tiñamos que pensar na eternidade e nos mortos, senon nos vivos, que queren ter ós seus seres queridos en lugares acollodores e non acolle-dolores, lugares que non espanten, senon que inviten a traer á cabeza os bos momentos vividos máis que a dor da ausencia. Pero en fin, seguiremos facendo o que sabemos, levantar cemento e pedra. Viva Galicia oh!!!! Non digo que vaiamos agora a contratar como bestas a arquitectos de xardins cementeriais ( esta profesión existe, polo menos en Alemania, e faina xente especializada, non arquitectos. Iso de saber por ladrillo esta sobrevalorado). Eu non me explico aind por que gañou tantos premios, por que tan loubado foi ese cemiterio desumanizado, lugar de pouco agrado, que ninguen quere visitar ( e sen axuda de restos mortuorios ainda)
Disque Galicia tivo unha relación especial coa morte, e que a sigue tendo. Prefiro manterme escéptica ó respecto. Que me demostre alguén que o que foi antes segue sendo agora. Que me demostre alguén que as nosas esquelas, a parte dos apelativos tan galegos que as veces acompañan os nomes dos protagonistas, teñen algo que as diferencie do resto da península, que reflexen ese carácter galego respecto a morte do que tanto se fala e tan pouco se ve. Que me diga alguén se iso se ve reflectido tamén nos nosos cemiterios. Eu coido que non, pero non son experta. Deshumanizamonos, asi o din as esquelas, asi o din os novos cemiterios. Ou é que en realidade ahi esta o caracter galego? A nosa especial relacion con esa morte que facia vibrar campas no seculo pasado tornou, agora vemola tras dun cristal, como se miraramos o escaparate mesmo da vida ...