E non me refiro só á morte neuronal masiva que provocan algún programas senón que a tematica sepulcral esta a apropiarse de gran parte dos guións. Dous tres son os perfectos exemplos:
- Criando malvas.
- A dous metros baixo terra.
- Tan mortos coma min.
( googleade, pode que alguna desas series bos guste, a miña favorita foi hai un tempo a terceira, aínda que teño que recoñecer que esta chea de tópicos e non moita orixinalidade)
Outras series como Buffy, Anxel, True Blood, Vampire Diarys están tamén relacionadas co tema ainda que os cadaleitos foran subtituidos por doses masivas de mordiscos e sangue e guións de certa orientación sensual e sexual.
Doctor Who non escapa tampouco á moda. Nos seus inicios foi unha seríe de tema un tanto escuro pero pronto se acabou convertendo nunha serie familiar. Comezou nos anos senseta e sufriu un gran paron ata 2003. As temporadas novas ( do 2003 en diante) seguen fieis á orixinalidade da serie, baseandose na problemática do tempo e as alteracións do mesmo. Dúas son as regras principais que se poden ler de capitulo en capitulo: nada é o que parece e todo se recicla.
Así pois Doctor who aporta visións diferentes das cousas normais, por exemplo, os Anxos Choróns dos cemiterios son en realidade maquinas de matar, seres sedentos de sabe Deus qué, que se moven cando non os miras:
- Blink.
- O tempo dos Anxos.
- Carne e Pedra.
Estes son os capítulos nos que podedes desfrutar desta delicia: os anxos choróns. Ademáis Cantos de nos non pensábamos xa iso antes de que o Doutro nos abrirá os ollos? Acaso non tomaban vida esas estatuas no noso maxin moito antes?
De temática sepulcral tamén é o capitulo “A terra famenta”. Un capitulo que retoma a Verne para levarnos ata as entrañas da Terra dunha forma moi curiosa: algo pasa nesta vila, as tumbas quedaronse sen os seus defuntos, a terra enguliunas ( non me diredes que os mesmos que xa pensabades nos anxos de pedra non pensastes tamén alguna vez nas sepulturas famélicas ou?). En realidade este capitulo é a primeira parte da historia, que se resolve nun segundo capitulo tan intenso e interesante coma o primeiro, que non perde ritmo nin sentido e que se resume, igual que o primeiro nunha frase que ven podería ser un dos lemas do noso Doutor: TENDES QUE SER O MELLOR DA HUMANIDADE!
Unhas veces os acompañantes do doutor son o mellor da humanidade, e outras non, ó fin é o cabo son humanos, somos humanos. Pero eu, coma ó doutor, gústame pensar que todos, en malos momentos, podemos ser o mellor da humanidade ( que pasaaaaaaaa, soñar non é caro)
En fin queridos, xa seguirei outro día actualizando, quen sabe se con máis historias da Tardis ( da do doutor ou da miña propia). Hasta entón, lede moito, estudiade un saco, ride e por suposto:
SEDE O MELLOR DA HUMANIDADE!
é por suposto: DON'T BLINK!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario