Mostrando entradas con la etiqueta alemans. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alemans. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de mayo de 2011

Galicien, was?, wo? - Galicia baixo ollos alemáns


Liebe Deutschebesuche heute schreibe ich noch mal auf galicisch ( es ist die richtige Wort?)denn ich habe Artikeln aus Der Spiegel genohmmen, aber ich werde auch einige Eklärungen auf Deutsch machen. So, alle Leute können geniessen. Wenn es fragen gibt, macht ihr ein Kommentar, es wäre seeeeeeeeehr schon euch zu antworten ...

So ... loss!




Queridos galegos, galegas, non galegos e non galegas que a pesares de todo faredes o esforzo de ler neste idioma e liebe Deutsche. Onde fuzaba eu en articulos de Der Spiegel para saber que pensaban de nos, os galegos (e dos españois en xeral). Os alemáns saben de nos que somos o paraiso dos baños termáis.
Traducindo os puntos importantes serían:

1. Hay máis sitios a parte de Santiago de Compostela.
2. San Xenxo, por exemplo. E ollo! Escriben SAN XENXO !!! Non podian ser menos.
3. Temos balnearios entre duas e cinco estrelas!!
4. 300 festas gastronómicas
5. Somos o lado oculto de España
6. Con tanto eucalipto somos algo australianos ( Logo dice que non teñen humor aleman, pero a verdade a min dame medo como escriben nesta revista. Iso é retranca e o demáis tonterias!!!)
7. Os gaiteiros contrapostos á corrida de touros. Clima Atlantico contra duro sol.

Der Spiegel hat Recht bis hier: mehrere schone Orte als Santiago. Gute Terme. Eukaliptus wie in Australien zum Unglück. Hat ihr gut gelesen? Keine Stierkampf sonder Dudelsack!.
Un was noch??? Wie weiten zu lesen: Kastanienfestival in Europa


Unha breve mención para Galicia e o seu Magosto. Pero polo menos contaronnos. [Ich werde euch ecklären wie ein Magosto ist, aber auf andere Post. Ok?]

Auch muss mann sagen über Galicien ( tamén se debe dicir sobre Galicia)


Die einsamen galicischen Atlantikinseln im äußersten Nordwesten Spaniens gehören zu den schönsten Nationalparks auf der Iberischen Halbinsel. Schroffe Steilklippen, schneeweiße Strände und Spaniens größte Möwenkolonie machen den Besuch auf den "Inseln der Götter" zu einem unvergesslichen Erlebnis.


É dicir que o parque das illas Atlánticas ven a ser coma "as islas dos deuses". ( non me extendo por que todos coñecemos a grandes rasgos esas illas)

Tamen saben que quen ten medo perde. Aqui tedes un artigo sobre os percebeiros. Hay outro artigo sobre catoira: Der wikinger kommen!

Pero sen dubida o mellor artigo de todos é este:

Wolfsmenschen, Muschelsucherinnen und gute Hexen: Das entlegene Galicien ist vielerorts ganz untypisch für Spanien. Hier gibt es Berufe, die sonst nirgends ausgeübt werden, und keltische Riten aus uralten Zeiten.

Lobisomes, mariscadoras, e boas meigas: as lendas etnograficas galecas son en moitas maneiras moi atipicas en comparanza co resto de España. Aqui hai traballos que non se terían nunca e ritos celtas de tempos temotos.

O artigo acaba cun: die Dorfbewohner von Allariz abends in den uralten Tavernen aus Stein und Holz und erzählen von Hexen, Wolfsmenschen und alten Keltensagen.

Os habitantes de Allariz [como noutros pobos de galicia] encontrase á noitiña nas tabernas de pedra e madeira e contan historias de meigas, lobismones e vellas sagas celtas.

Do que deduzo que:
1. vivmos un chisco ainda como na idade de pedra, pero somos calidos e acolledores, como unha noitiña de verán na taverna.
2. Somos o mais exotico de España ( por que nos chaman sempre atipicos, e cara oculta de España)
3. Somos celtas. Isto afirmano baseándose nas pervivencias linguisticas e toponimicas, por que a verdade non encontrei ningun outro artigo que fale do celtismo galego (iso que din que se inventou no XIX por aquelo do florecemento do nacionalismo galego). Se somos celtas ou non non o penso discutir, non hai probas materiais dos feitos, do que teño probas é de que tal é como esta a arqueoloxia galega, no futuro calquera cousa podería pasar. Adicareille un post a esto do celtimo.

NEIN NEIN NEIN, meine libe Deutsch. Wir treffen uns nicht in Tavernen, um über Hexe zu sprechen. Aber es ist sehr nett wie die Deutschen über Galicien reden. Viel Dank!

jueves, 5 de mayo de 2011

Onde estan as universidades

Ás veces cando entro en blospost, arriba de todo voulle dando á pestaniña de “ver siguiente blog”. Uns van, outros veñen, e descubrese verdadeiramente un mundo paralelo cheo de información, a veces persoal e outras máis global.
Descubrin por exemplo un blog que denuncia o estado desastroso do patrimonio Valenciano. E pensei: haberá un galego?
Descubrín tamén moitos blogs de viaxes e Erasmus. E xa non me sentín tan sóa.
Descubrín tamén blogs sobre lingua. Pero boto en falta aínda os que xa non están activos
E así, de blog en blog fun pensando … Se verdadeiramente me leran e se verdadeiramente fora boa comunicadora, poderíamos entre todos conseguir algo do que nos propuxeramos. E decateime que como todo blogueiro comezaba a nacer en min un certo sentimento de megalomanía, derivada desa inmediatez acción – reacción de toda rede social. É e que os blogs non deixan de ser iso, redes sociais de intercambio de información.
Galicia existe, así o atestemuñan os blogs do blogomillo, e Lugo deberá berrar un chisco máis alto.
Onte sen máis, nunha clase sobre a arquitectura dos primeiros cristianos na península ibérica houberon de referirse a Santa Eulalia de Bóveda como “un pequeño ninfeo en Galicia”, posto que referindose polo nome ningún dos presentes saberían de que se estaba a falar [recordovos que estou en alemaña e no centro de publicacións arqueoloxicas altomedievais máis reputado]. E logo acordeime do sartego do Conde Santo, probablemente do século IV, que aparecia marcado cunha cruceciña nun mapa. O resto de sartegos distribuianse ó pe dos grandes ríos ibéricos e so o de Vilanoba de Lourenza brilaba coa cruceciña soiño.
… E logo de ver a cruceciña acordei as palabras do meu profesor “idevos acostumando a encontrar cada vez máis publicacións en catalán, as mellor feitas con diferenza ó resto de España, basta ver que ata tapas duras teñen. En fin xa sabedes que en España se falan máis linguas, esta o CASTELAN e logo o catalán … ” No momento doeume a ausencia do galego, aínda que non viña a conto mentalo dado a ausencia de publicacións en galego. Outras veces teñenme preguntado “¿en España tamen se fala outra lingua non, o catalán, ti falas catalán?”, non creo que poidades imaxinar a dor de tripas que me entra cando escoito algo así. Sei que non é culpa deles, que preguntan na súa inocencia, como non é culpa deles que pensen que o galego é un mero dialeto, mentras o catalán é unha lingua. A culpa é nosa, algo esta a fallar. E eu o único que poido facer é aclarar as cousas, sorir amigablemente, falarlles un chisco en galego e preguntarme onde están as nosas universidades. ONDE ESTAN AS UNIVERSIDADES GALEGAS!!!!!