Ás veces cando entro en blospost, arriba de todo voulle dando á pestaniña de “ver siguiente blog”. Uns van, outros veñen, e descubrese verdadeiramente un mundo paralelo cheo de información, a veces persoal e outras máis global.
Descubrin por exemplo un blog que denuncia o estado desastroso do patrimonio Valenciano. E pensei: haberá un galego?
Descubrín tamén moitos blogs de viaxes e Erasmus. E xa non me sentín tan sóa.
Descubrín tamén blogs sobre lingua. Pero boto en falta aínda os que xa non están activos
E así, de blog en blog fun pensando … Se verdadeiramente me leran e se verdadeiramente fora boa comunicadora, poderíamos entre todos conseguir algo do que nos propuxeramos. E decateime que como todo blogueiro comezaba a nacer en min un certo sentimento de megalomanía, derivada desa inmediatez acción – reacción de toda rede social. É e que os blogs non deixan de ser iso, redes sociais de intercambio de información.
Galicia existe, así o atestemuñan os blogs do blogomillo, e Lugo deberá berrar un chisco máis alto.
Onte sen máis, nunha clase sobre a arquitectura dos primeiros cristianos na península ibérica houberon de referirse a Santa Eulalia de Bóveda como “un pequeño ninfeo en Galicia”, posto que referindose polo nome ningún dos presentes saberían de que se estaba a falar [recordovos que estou en alemaña e no centro de publicacións arqueoloxicas altomedievais máis reputado]. E logo acordeime do sartego do Conde Santo, probablemente do século IV, que aparecia marcado cunha cruceciña nun mapa. O resto de sartegos distribuianse ó pe dos grandes ríos ibéricos e so o de Vilanoba de Lourenza brilaba coa cruceciña soiño.
… E logo de ver a cruceciña acordei as palabras do meu profesor “idevos acostumando a encontrar cada vez máis publicacións en catalán, as mellor feitas con diferenza ó resto de España, basta ver que ata tapas duras teñen. En fin xa sabedes que en España se falan máis linguas, esta o CASTELAN e logo o catalán … ” No momento doeume a ausencia do galego, aínda que non viña a conto mentalo dado a ausencia de publicacións en galego. Outras veces teñenme preguntado “¿en España tamen se fala outra lingua non, o catalán, ti falas catalán?”, non creo que poidades imaxinar a dor de tripas que me entra cando escoito algo así. Sei que non é culpa deles, que preguntan na súa inocencia, como non é culpa deles que pensen que o galego é un mero dialeto, mentras o catalán é unha lingua. A culpa é nosa, algo esta a fallar. E eu o único que poido facer é aclarar as cousas, sorir amigablemente, falarlles un chisco en galego e preguntarme onde están as nosas universidades. ONDE ESTAN AS UNIVERSIDADES GALEGAS!!!!!