viernes, 27 de abril de 2012

Non é país para velliños ... nin novos.


Levo aquí un cacho tentando escribir algo intelixente sobre Modest Cuixart, pero non son capaz, a miña capzacidade artística agora mesmo non esta activa. Mentras tanto pasaba eu por blogs, blogs, twitters e facebooks e escoitaba cancións en alemán sobre como celebrar que o noso novo mundo se vaia á … xa me entendedes.  E mentrar andaba eu atacada con toda esta espiral inxente de información característica da postmodernidade/sobremodernidade ou modernidade líquida ( como lle queirades chamar) decateime de que este non é país nin mundo para vellos.
Quen teña xente maior na casa que tome moitas pastillas saberá que os pobres teñen as menciñas racionada gracias á receita electrónica, cousa que esta moi ben, por que xa sabemos que esta xentiña tende a converter a casa en farmacias. Sen embargo xurde un gran problema e é que os pobres teñen que estar cada semana no medico a pedir receitas, ou polo menos unha vez á semana na farmacia. Quen viva en capital non ten problema, pero … que hai de todas esas persoas maiores espalladas polos deserticos ( en canto a habitantes) de Galicia? Todos eses velliños e velliñas que viven sós? Teñen que chamar a un taxi, pagalo, ou depender dun veciño ( é ó veciño tamén se lle paga, claro que se ti, por que en Galicia non somos terra de facer favores, somos terra de pagalos, é dicir, que tanto nos da depender dun taxi que dun veciño, vamos igual á ruina)
Incluso para pedir ita previa no medico os velliños galegos ( e a mocidade tamén) temos que pelexar cun maquinillo moi amable deses que din: se quere … prema 1, se quere … prema 2. Por Deus! A deshumanización dos servicios en vez de facernos a vida máis fácil complicaa, iso si, avaratalle os custos ós responsables. Por que, non vos enganedes, este mundo esta feito para sacar tallada e non vivir ben. De feito, os teta-briks están deseñados non para ser de apertura fácil, se non para ser enchidos máis rápido e máis eficazmente polas máquinas. Asi de triste vos é.
En fin, o mundo non se irá de todo á … mentras siga existindo o carteiro rural … 

No hay comentarios: