Fai moito que non fago actualizacións nocturnas. Unha de vez en cando antes de ir a durmir non ven mal, iso xa no lo demostraron moitas series e películas de TV. Falando diso, os afeccionados ás bitácoas ou blogs e ás series, comezán a ter xa na rede ( real ou ficticia) unha boa colección de blogs. Así os afeccionados a Betty la Fea que foron capaces de tragar o cutreremake español teñen como regaliño aquel blog cheo de feonautas ós que a prota ( chamada Bea a traizón) lles escribia. Por outra banda os Casanova da nosa era poden visitar o blog de Barney (Stinson).
A que non escribía un blog senón un libro que sempre me pareceu do máis aburrido e ridículo era a amiga de Samanta en “Sex and the City”. De feito escribindo a estas horas sintome un pouco ela, non obstante, espero que as cousas que digo sexan a maioria das veces máis interesantes que as que ela dí (por certo, o blog dos feonautas tamén era bastante aburrido).
Os blogs tamén sufriron nos últimos tempos unha evolución ( a deus grazas non ten nada que ver con Pokemons e Digimons) e converteronse en Videoblogs como o videoblog do doutor Horrible ( Dr. Horrible's Sing-Along Blog, unha serie protagonizada por Neil Patrick Harris, de tan so tres episodios de curta duración pero gran intensidade. Están disponibles en youtube, buscádeos, hainos con subtitulos en español. Sinto que fagades o traballo vos, pero xa sabedes que non me funciona o youtube, non?)
Se vos gustou a trepidante historia do meu querido Doutor Horrible, entón podedes tamén seguir a serie The Guire. Outra especie de Videoblog pero con máis capítulos que a anterior. A min non me conmoveu demasiado supoño que por que non son informática, nin tio.
Falando de tios, outro que ten Blog é Seldon Cuper, coprotagonista de The Big Bang Teorie …
En fin, á vista do escrito parece que teño gustos un chisco masculinos en canto as series, non sei se vos decatastes … debería preocuparme? Rotundamente: NON.
P.D Se alguen ten o capitulo 5x05 de Doctor Who ( con Matt Smith), por lo que máis queira, que mo pase!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario