martes, 21 de agosto de 2012

O Funcional


Fai uns cantos post faleivos da  cafetería Dallas. Hoxe, sen ánimo de querer facer publicidade de Foz ou establecementos en paticular, veúseme á memoria O Funcional, un bar que fai esquina fronte a praza do Conde de Fontao. E un curruncho moderno e acolledor cun escollido mobiliario: As sillas e taburetes de O Funcional son de plástico transparente, os cales, nunha visión de conxunto lle confieren ó local un aire despexando ainda cando non lle falte de nada. E é que nun lugar coma ese o espazo visual ten que estar moi coidado, asíque en vez de conxestionalo coas típicas sillas de madeira ou metal a aposta foi un mobiliario de liñas rectas e simples e dun material transparente que non asfixia ó local en si. Alí a protagonista é a xente e non os asentos . ¿Nunca entrastedes nun local no que o primeiro impulso fora querer chimpar metade do mobiliario á ría, simplemente porque estorbara ó espazo visual e asfixiara o ambiente propio do local? Eu si, e isto en O Funcional non me pasa, de feito é un deleite ver como a luz non se deten na opacidade das cadeiras, senón que se moldea entre as liñas rectas e estilizadas dos asentos dando impresión de lixeireza. Tamén teño que destacar a presenza dun banco corrido tapizado e con coxíns (vermellos? Fállame algo a memoria) nunha das esquinas que crea un espazo máis intimo e recollido e que non rompe a impresión xeral de lixeireza. É agradable ver como se convinan dous espacios nun mesmo lugar sen necesidade dunha grande parafernalia: intimidade e extroversión a golpe de moble e bo ollo para a decoración.
Pero isto das sillas transparentes non é un invento do dono de O Funcional, isto ben de máis lonxe, do xapón. Non vou extenderme moito, ainda que me gustaría, tan só sinalarei como nome relevante do deseño xapones a Kuramata. Entre os seus deseños atópanse mobles de metacrilato totalmente transparente.  Pero as pexas de Kuramata son únicas, de museo, non se producen en liña e polo tanto non se comercia con elas. Non obstante as ideas viaxan lonxe (o da converxencia creativa dáse poucas veces) e modificanse, xógase con elas e reinterprétanse, así apareceu Phillip Stark en terras occidentáis e comezou a xogar cos materiais e as trasnparencias ata crear cousas coma estas … máis funcionais … para que chegarán O Funcional.
Ollo, non estou a dicir que os mobles deste local sexan deseño de Phillip Stark, de feito a forma dos taburetes da barra recórdame a algún deseño español … pero  …
EN RESUMO: os amantes do deseño podedes vivir en directo o que se sente cando o mobiliario tenta disolverse no espacio deixando pasar a luz. 

No hay comentarios: