lunes, 20 de agosto de 2012

volver ás andadas ...


-          E  segués co blog? – Me preguntou Suso (El toupo que fuza)
-          Esta de vacacións indefinidas.
-          Bueno … antes ou despois todo mundo recae.
( Non sei para que me pregunta, se sei que me ten vixiada como eu a el …)

E canta razón tiña. Non tardei nin un mes. Teño pouca forza de vontade para certas cousas, menos mal que segundo algún amigos meus isto do que sufro é máis unha virtude que un defecto.
Pensei que podería lavarlle a cara ó blog, cambiarle as cores e o titulo … e por iso ando na procura dun nome rimbombante pero a verdade é que non tiven moito éxito. Velaquí as ideas ( deixovos votar):
-          O foso dos leóns ( Ainda que non creo que sexa boa idea igual a miña labia blogueira ó poder retórico do profeta Daniel)
-          A árbore dos corvos ( unha das miñas obras de arte predilectas … aínda que un pouco escura)
-          Mel e abellas ( na onra dos que me chaman cariñosamente Mel e Miel )
-          Pombas e añas ( para recordar vellos tempos de frikismo)
-          Maeloc’s blog ou Maeloc’s Land ou A terra de Maeloc ( que por algo vivo ó pe de Corneria)


E mentras me decido polo nome e o novo deseño ando tamén a facer ronda de blogs. Gloria Lago anda preocupada por como nos van a ensinar a ligar en galego, e ten razón iso é unha tontería, pero o que non dí é que para ligar só hai unha norma: un liga como pode. A min paréceme triste que haxa rapazas que perdan o interese cando un rapaz lles fala en galego ( xa coñeceredes o polémico video de Gran Hermano onde se expuña tal teoría. E senón buscade no youtube: galegofobia en GH), é coma se perdesen o interese nun ingles por que lles fale en ingles … sé ó final todo o mundo sabe que se hai que entenderse o idioma é o de menos. Quen foi Erasmus pode afirmalo! (viuno e viviuno, pero as miñas peripecias amorosas non vou contárvolas). [Do resto do artigo non vou dicir nada, xa abondo din nos xornáis]. 

Seica, disque, cóntase que as blogueiras marcan tendencia. Empézase a escoitar moito iso de: este bolso lévano tódalas blogger. Mentira cochina! eu non! Non todos os blogger o son de moda ... e estame a dar repelus ver usada esa palabra así, como se a blogosfera fora unha pasarela de moda. Grrrrrrrrrrrrrrr ¬¬. 


No hay comentarios: