lunes, 30 de abril de 2012

chimpemolo á ría I

Con este post pretendo abrir un liña: a chimpar cousas que non nos gusten á ría ( de Foz, Ribadeo, Avilés ... á que teñades máis preto, vaia)
¿E porque? Pois por que hai cousas que non deben estar donde están, non serven para nada, custan cartos de máis ou son simplemente un atentado contra a seguridade urbanística e unha chamáda ó vandalismo. 

Por exemplo o "Arao" de cerámica de Burela que esta posto no paseo marítimo de Foz e ó que de cada dous por tres lle rompen as ás. ¿En serio? Para que se quere un "Arao de cerámica" de cores ocres no medio dunha praza de cores non máis chamativas, pequeno coma un xarronciño de flores, sobre unha peana pétrea que non ten nada de interesante? Queixase a xente de que lle rompen as ás? Normal, é un atentado contra o sentido común, coma o Gaiás pero en pequeno. Non serve para nada, non fai máis agradable o paseo e encima hay que estar amañandoo de cada dous por tres. VEÑA, CHIMPÉMOLO Á RÍA.

Outra cousa que me molaría moito CHIMPAR é ó querido Marques de Sargadelos de concello de Ribadeo. Ese espanto colorido de xesto inadecuado que baixa as escaleiras do señorial edificio. Parece máis un boneco de carnaval que un señor marqués e a escelsa villa de Ribadeo, que tanto presume de haber sido capital de condado, colocao ahi non sei se para rirse del ou para vanagloriarse. O marqués sería moitas cousas, pero non creo que mereza que as novas xeracións o recorden así. Unha estatua sen estilo, nin gusto, que non aporta nada á arte, nin ó concello é que pode ser prescindible, que non logra facerse co lugar no que esta ( por que podería estar en calquera outra esquina e ser igual de efectiva, podería dicirse que é o retrato doutro e sería perfectamente plausible) ... en fin, unha estatua con pouco sentido, cousa recoñecida por ela mesma e expresada nese xesto de "aaaaah que vos den!" ( como describre un coñecido meu).


No hay comentarios: