Ós alemáns como falan alemán, resultalles moito máis sinxelo aprender outros idiomas
MENTIRA COCHINA
Os alemás como saben que o alemán é dificil e que dificilmente no gran mundo encontraran a alguen con quen comunicarse teñen claro que han de aprender outras linguas. entre elas as que hoxe se utilizan como linguas francas. É dicir: o ingles. Como segunda lingua soen optar polo español, dado que media sudamerica fala dito idioma. E como terceiras linguas quedan frances e italiano, os casos de estudo do postuges tamén se dan.
Pero a parte destas ganas de comunicación que os enbriagan, cando un entra na biblioteca universitaria, a parte de darlle un colapso pola visión de centos de miles de suculentos titulos, se se deten un pouco e pasea entre as estanterias ( de humanidades polo menos, non sei das outras) decatarase que entre os titulos alemáns hay outros en linguas europeas entre as que se encontran o sueco, o fines, o holandes e o catalán (galego non vin aínda). Pero non contentos con iso, ás veces dase o caso de que aparecen libros en chines, xapones ou coreano ( non sei distinguir de todo os caracteres, aínda), en arabe, arameo e sánscrito.
Na clase adicada ós momumentos paleocristians na peninsula ibérica a primeira recomendación foi: quen non saiba español pode ir pensando en retirarse, a bibliografia esta en castelán e catalán. A sgunda recomendación foi: a prendende linguas, non importa cal, español esta ben, ingles tamén, pero se podedes aprende outra tamén, e deixademe que felicite a Frau XXXX dixeronme que esta a aprende árabe, moi ben.
Os alemáns non son superhomes. Só teñen as metas claras. Non é que saiban chines, xapones, arameo, pero teñen claro que se a publicación é boa, é mellor tela, sexa na lingua que sexa, por que sempre pode vir alguén a que lle sirva. Mentras tanto en Oviedo e supoño que no resto de universidades, seguramente tamén debido á falta de cartos, as bibliotecas estan para ir a pasar apuntes con bolis de cores e papar moscas, por que teñen medo de comprar titulos noutras linguas, por que os alumnos non os leran, pero así tampouco sentiran nunca a necesidade de aprender outra lingua, se todo o que se lles da esta en castelán. Esperamos por traducción que xamáis van a chegar dada a baixa consideración que ten este traballo e dado o grado de especialización que require na materia.
Ós españois dasenos moi mal aprender outras linguas.
MENTIRA COCHINA
O que pasa e que non se fonmenta dita aprendizaxe cando. Vale, pode que dado que o noso idioma é un chisco simple, nos resulte dificil si, pero e que? Na superación desa pequena dificultade esta o coñecer o mundo.
Tiven que vir a Göttingen, para poder leer libros de cabeceira de historia da arte que non estan traducidos ós español como por exemplo a biografia que Dominico Bernini escribiu sobre seu pai, Gian Lorenzo Bernini ( alias “o pijo”).
Podemos sentarnos nunha esquina escura e lamentarnos do estado das nosas universidades e bibliotecas ou espabilar e facer algo. Eu de momento espabilei e opto por devorar o que se me poña por diante antes de ter que se arrancada desta terra de ensoño intelectual.
Por outra parte querovos falar do que din en chamar a “literatura soterrada”, esa literatura de calidade dificil de rastrear por librerias e a veces ata case imperceptible na rede e que esta constituida por todos eses libros que merecen unha traducción ó noso idioma pero que non estan traducidos. Por que, amigos, evidentemente a traducción esta suscrita á demanda do publico é suxeita o tiron publicitario de premios e existo de ventas. Asñi pois temos o exemplo de Herta Müller que ata o 2009 só tiña un libro ( senón dous) traducido ó castelán. Segundo lle concederon o nobel as editoriais revolucionaronse para sacar traduccións. E velaí Monika Maron, tamén cronista dunha época convulsa, como Crhista Wolf, e ignoradas pola lingua castelá. Elas son os exemplos que agora mesmo máis frescos teño, pero sairanme moitos máis conforme me mergulle nesta literatura. Baixo todo ese fume de best sellers que inunda as librarias, hai unha literatura suculenta e escondida noutras linguas e nosa propia que debería ter máis forza en mans de lectores con criterio.
Sempre me dixeron que ler era bo, fora o que fose, o caso era ler. Agora dubidoo, a caso non coñecedes a lenda de don Quixote?