zu lachen ist verbot, so ist mein Dorf. Leibe Freunde seit lagen schreib ich nicht auf Detusch, es tut mir Leid, nächste mal den Post wird auf Deutsch, ok? Heute ist Zeit um ein bissen Galicische Politik diskutieren.
Acabanme de contar que en Foz prohibiron acampar no Campo de Ramos, e por acampar enténdese ir de merenda cos nenos ou a pasar as tardes da xubilacion vendo correr as olas do mar e ós cativos.
Descoñezo a argumentación concreta para dita prohibicion, que probablemente este relacionada co coidado do entorno natural. Tamén me dixeron que en realidade dita practica estivo sempre prohibida pero que se permitiu sen embargo a continuidade destas doces reunions de persoas nun entorno tan amable e acolledor como o Campo de Ramos.
Dende a miña perspectiva, particular e intima, coa que podedes ou non estar de acordo, creo que na planificación urbanistica ( que inclua tamén o coidado do entorno) esta a de ver se certas prphibicións son oportunas ou non, tendo en conta as acitivdades dos veciños. É dicir, se merendar e usar como lugar ludico o Campo de Ramos estivo sempr prohibido, e sen embargo, a xente seguiu acudindo ali, pode que sexa por que econtra carencias doutras zonas verdes, ou igual de acolledoras. Por outro lado, o rol social do Campo de Ramos e indubidable, moitos son os que temos recordos ali, sexamos ou non autoctonos de Foz. Ali, ten recordos miña nai, e ali comin eu o meu primeiro xeado ( de vainilla, por certo). Por iso mesmo non me quero preguntar que outros recordos poden ter os focegos mesmos.
Nunha cidade ou vila hai que ter moi enconta os espazos entorno os que xira a vida publica, por que entorno a eles tamen xira a vida económica, cultural e a imaxe mesma do lugar. Por iso mesmo, moitas prohibicions como esta deberían ser revisadas, mentras que outras practicas máis incivicas ou molestas deberan ser reguladas, como a pracitca do botellon. E digo regulada, que non pohibida, posto que sendo algo que nace espontaneamente na sociedade a primeira pregunta que se debe facer eh: debeselle dar cabida, é unha practica autodestructiva?
Dende logo, ir merendar ó Campo de Ramos non creo que sexa autodestructivo. É máis, penso que sempre lle deu a Foz un aire mariñeiro e carismatico que rompia co frio do ormigon que amurallaba a ría.
Así debera ser a politica: menos papel e mais vida. Menos derribar o que fixo o goberno anterior, e mais mellorar, cousa que ás veces significa continuidade e outras revisión.
Poderian por eexemplo revisar o tramo da autovia que pon en perigo a saúde da fermosa catedral románica de San Martiño de Mondoñedo e poderían, por suposto, tentar mellorar a destruidas vilas victimas da especulacion inmobiliaria, antes que quitarlle o sorriso a vellos e nenos que construiron e construen os seus recordos nos poucos recunchos fermosos que nos van deixando.