A prosa como motivo ... das letras ás ideas. O noso lugar de reunión. Unsere Treffpunkt.
lunes, 27 de agosto de 2012
FERMOSAS E ESTÚPIDAS MANÍAS
A xente ten unha fermosa mania nestas terras: Escribir os epitafios en castelán e cando un di: eu queroo en galego; contestanlle: non, ¿que non ves que todos o teñen en castelán?
É volta ó conto de sempre:
1. O galego non é cariñoso.
2. O galego é bruto.
3. O galego non serve para recordar ós seres queridos.
4. o resto de lápidas do cemiterio estan en castelán.
1. ¿Quen o di? ¿o corazón palpita menos cando che din "querote"? ¿cando choramos por desamor ou perdida dun ser querido lamentamonos menos se o facemos en galego?
2. E o alemán disque. A min non mo parece. De feito dime a xente que semello moito máis doce cando falo en galego e en alemán que en castelán.
3. Eu ós meus recorodoos tódolos días en galego, tódolos días e a tódolas horas, porque me querían en galego, e os quixen en galego, e non hai idioma no mundo que sexa feo, bruto e de patáns. O que hai é xente, fea, bruta e patana que menospreza o seu e non sabe facer nada sen copiar o que fai o veciño.
4.e a min que c****** me importa o que faga meu veciño? Com ose quere plantar remolachas coa cahocla para arriba.
¡Edison! ¿Deixa de xogar con esas cousas que non ves que ninguén o fai?
Van Gohg, ¡pintas como carallo, deixao xa!
Mestre Mateo, non faga vostede así o pórtico da Gloria, ¿non ve que non o fai ninguén así?
Mirade, IDEVOS A CAZAR BIOSBARDOS. Por xente coma vos estamos como estamos, e seguiremos moito tempo como estamos. ¡INVOLUTIVOS, odiadores de vos mesmos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario