domingo, 8 de julio de 2012

Where the stars go blue ...

Son as catro da tarde dun domingo lento e frío de xullo.
Un chisquiño de música para secar as bágoas da alma.
Canta pola habitación mentras recolle.
Ás veces abanea a cadeira, da saltiños cos pes, imaxinase nun escenario.
Un aplauso ficticio animaa en cada final de canción.
Ós seus beizos dalles igual se canta en xaponés, alemán, ingles ou frances.
Ós seus beizos darílles igual a quen bicar ... se tiveran a quen bicar.
Son as catro da tarde dun domingo lento de xullo.

De vez en cando pasa algún coche pola nacional, pero non importa.
De vez en cando pasa algún veciño, pero tampouco importa.
Non importa que o salgueiro que leva ahí toda a vida se abanee coa brisa.
Hai cousas máis importantes nesta vida, coma mirar se chuvisca.
Se chuvisca móllase a roupa do tendeiro.
Se se molla a roupa do tendeiro haberá rifa.
As rifas non son nin boas nas tómbolas.
Non importa.
Hai cousas máis importantes, como aparellar calcetíns cos ollos perdidos nas fotografías dos andéis.
Carrapuchiña vermella non volverá. Foise co medrar.
Pero non importa ...

Son as catro da tarde dun domingo lento e dourado de xullo.
Sobra fariña para facer magdalenas de mazá.
Pero tamén sobraran as magdalenas cando saían do forno.
Ós seus beizos dalles igual saborealas ou non, bicar magdalenas en soidade non é o mesmo.
Son as catro da tarde,
logo serán as cinco,
sentarase co mantelo a tomar un café na silla de toda a vida.
Caerá sobre a cunquiña un pequeno suspiro, con el aforrase azucre.
Non importa sementar suspiros sempre que non sexa en público.
Os suspiros non son decorosos.
Pero ... igual non importa.
Hay cousas máis importantes nesta vida, coma pelalas patacas para a cea ...

When the stars go blue soa de novo ... cantaruxa de novo, de novo se axita o salgueiro, de novo ... non importa.


Where do you go when you’re lonely
Where do you go when you’re blue
Where do you go when you’re lonely
I’ll follow you
When the stars go blue, blue ...

No hay comentarios: