martes, 6 de septiembre de 2011

medrando

As nenas coma min sabiamos que medrabamos por que a camisa de “galega” nos ía quedando pequena e as nosas nais tiñan que ir soltandolle bastillas.
Acabo de botar a lavar a miña, prácticamente nova pero con moitos kilómetros derriba. Eu pensaba que co meu primeiro soldo lle habia comprar un pasador de prata e acibeche para o pescozo, ou un reloxo-gargantilla, pero resulta que xa non me serve, o que demostra que dende que a fixen ata agora ainda estirei 2 centimetros. Foi unha boa camisa que me seguiu a todas partes, escepto unha vez a Naron ( que día tan desastroso aquel. Sen camisa e sentada sobre un formigueiro … ), unha camisa que viu como me convertía en mediogaiteira.
Que fago? Regaloa, gardoa ou metolle un “entredos”?

No hay comentarios: