Neste mundo perturbador a miña alma entendeu por fin o que é a “Ruhe” alemana ( en galego: tranquilidade), e gustame. Iso de que me guste comeza a preocuparme por que a “Ruhe” mal entendida acabate convertendo nunha vella rancia, e iso á miña idade e a calquera outra non me parece de todo agradable. A Ruhe, cama o equilibrio do ecosistema, perturbase fácilmente, moi moi fácilmente, pero a miña de momento vai mantendo a flote as miñas ilusorias vacions. E digo ilusorias por que ven sabedes que en vacacions hai que tentar que “A cabeza non pare”.
Mentras as bolboretiñas andan aparellandose entre camiños de toxos, e unha pega canta tódalas mañás á miña fiestra vai quedando atrás un setembro do máis raro, esmorecendo como os meus figos de San Miguel, doces coma bombonciños da natureza, que me quedaron na figueira por que non din abasto con eles (QUEN QUEIRAS FIGUIÑOS QUE PASE POR ESTAS TERRAS!)
Disque non sei escribir por que cando se vai en tren a paisaxe non corre trala fiestra, non escapa da nosa vista, disque non sei eescribir por que os novelos de la non xogan a dar chimpiños cando se calceta, disque non sei escribir por que as bandeiras non rabuñan o vento e os mares non lle fan o amor ós acantilados.
Onte regalaronme unha libreta nova, con bolberatas pintadas, pero como non sei escribir espero diante da libreta pechada, a que as bolboretas volván a ser vermiños e eu volva a ser nena e asi escribir como antes o facia. Daquela ninguén me atormentaba dicindome o que era ou non dereito, dicindome que debaixo dos sofás non hay outro universo de pelusas con nome que corren pola casa de cama en cama, de alfombra en alfombra, sempre respirando e comendo o pó das sombras. Cando escribo din moitos que non me entenden. Eu non sei que ten de malo que non me entendan, tamén miran cadros colgados na parede, ás veces nin sequera hai cadros senón unha fedorenta alcaiata e miran o oco valdeiro abraiados e sen entender ren. Podían facer o mesmo comigo, lerme abraiados, sen entender ren. Pero o único que fan é rir e botarme ó lixo, pero non me doe, por que as miñas palabras, tanto as escritas como as non escritas son as bolboretas desta libreta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario