Sempre me chamaron a atención os toponimos que arrodean, comezando polo uqe me veu nacer: saiñas. Nunca lle atopei o orixe, pero tamén teño que recoñecer que non invertin moito na investigación. Saiñas, ou como di unha amiga, “barrio das minifaldas” cambiou e non cambiou ó longo do tempo, pero o seu devagar é outra historia, é a miña hisotira e a dos meus veciños. A Espiñeira, Pozo Mouro, Pedregás, as Xunqueiras, todos sonoros e cheos de alma, ó nomealos parece que sobre os camiños xa comidos polos toxos xorden sombras de pastores, carros e vacas e que voces doutro tempo resoan entre os calitros.
Onte regalaronme o libro que don Francisco Fernandez del Riego escribiu sobre a súa Heimat, o lugar onde naceu: Lourenzá e mentras entre palabras, pragrafos e comas voaba a miña mente sobre o proximo e á vez para min descoñecido Val de Lourenzá, comecei a nomear na miña cabeza, todos eses lugares que ainda que non pisados resoan nas lembranzas da miña infancia, cando os veciños ó redor dunha cunca de café ou unha copa de Sanson falaban de cando levaban ás vacas pacer ou de cando as mulleres ían lavar. Parece pois que este pobo sen majestuosa pedra monacal coma a de Lourenza, a pesares de ser monotono, aburrido e tranquilo, cambiou no transcorrer dos anos moito mais do que eu pensaba e moito mais do que un se pode decatar ainda tendo vivido na grisalla dos tempos pasados. E digo grisalla non por que os tempos actuais me parecen mellares sonón por uqe para min o pasado ven en cores grises e sepia, coma as fotos de antano, esas fotos nas que os mozos de romeria ían á festa con grabata e traxe ( quen me dera telos coñecido!). Nesas cores queda a Galicia poetica e evocadora, onde zurdeen as ultimas lendas da Santa Compaña e os sinais. A miña xeración e probablemente a de miña nai xa nunca se encontrou de morros coa procesión de espiritos, quizáis por que a luz eléctrica a espantou.
Non poido hoxe facer máis que unha cousa que é recomendarvos ó libro de Fernandez del Riego a todos aqueles ligados ó Val de Lourenza e terras proximas ou ós que sobre a mesa da vosa cociña, sustituta moderna do escano da lareira ( polo menos nesta miña terra, a do Celarium do rei Don Silo) gocedes de ter en certas tardes de xuntanza veciñal os toponimos da vosa vida e a dos vosos seres queridos expostos, para querelos e darlles nova vida. E a todos aqueles que gocedes pensando en como eran as pedras da vosa aldea ou vila recomendovolo tamén, recomendovos esta mestura de hisotoria, literatura, cariño e morriña que recorre as ringleiras escritas por Fernandez del Riego, vistade ainda que só sexa en papel o Val de Lourenza.
GRAZAS POLO REGALO !
No hay comentarios:
Publicar un comentario