Como son algo masoquista continúo a ler os realtos de verán de certos periodicos. Por certo, a novela por entregas de El Pais é unha delicia!
O caso é que acabo der ler un relato sobre o neno co pixama de raias. Decateime que, coma nos oscars, os relatos estan pragados de tematica de guerra, sobre todo versan sobre a Guerra Civil Española e a memoria perdida. De todos modos xa me extrañaba a min que non saira a relucir o tema de Auschwitz-Birkernau ... O relato trata sobre un neno que lle pregunta a un maior por que os xudeos levaban un pixama máis alá da alambrada e que pasou coa xente e a "choiva". E o maior non ten valor pra contarlle a cruel realidade que esgota o libro e desexa que as novas xeracións poidan construir un mundo mellor, que sexan mellores á súa xeración.
O gran erro é que, non se pode construir un mundo mellor sen falar abertamente destos temas. Tremenos a lingua cando os nenos preguntan, pero ¿A caso non preguntan sempre? ¿Que se gaña contando medias verdades ou medias mentiras?
Isto levame a outro tema: o "tabu" da morte e a infancia. ( extensamente tratado nas miñas prácticas), sen embargo vou deixalo para outro post.
No hay comentarios:
Publicar un comentario