jueves, 25 de agosto de 2011

De volta !

En Gadis prguntanche: tienes ojo?
Eu eu respondo: eu, o que? Oes iso teralo ti eh …

Non fai unha semana que cheguei e xa me pasaron cousas graciosas con respecto ó idioma, por ejemplo, en Santiago estiven a piques de agradecerlle o seu traballo a un camareiro en aleman. Por un segundo non soltei un enorme DANKE no medio dunha conversa en puro galego mariñano.

Pero o mellor veu onte en certo supermercado ribadense ( no que hay limoncillo pero non Amaretto, ingrediente segreto das miñas sobremesas estrela). A Caixeira falaba por telefono con algun colega de traballo para preguntar un prezo, facial en galego, en galego mariñano ( non poido precisar de que parte da mariña ainda) e pero dirixiasea nos en castelán, e iso que dende que baixei do avion non deixei de falar en galego por un segundo ( e non me refiro a que non cambiei de idioma, senon que levo dende domingo sen calar, podedes apostar incluso algo a que agora mesmo mentras escribo estu ata a falar soa … ).

Por outro lado as novas sobre o noso patrimonio seguen a ser malas. Xa quedamos sen Torre.

Pero en fin, non se pode cambiar o mundo, nin en cinco dias nin en mil milenios, asi che somos, coma pedras que involucionan … eu, pola miña parte, penso mergullarme nas mareas de turistas que disfrutan os seus ultimos dias libres de agosto.

Asique nada, os libres, ociosos e aburridos, se pasades por celeiro xa sabedes que vos espera algo con amaretto e non é tiramisú :D

No hay comentarios: