domingo, 14 de agosto de 2011

abride as portas, deixade que o mundo entre

Discutimos de politica.
O problema non é a crisis económica, o problema é a política. O problema e a desesperanza de todos os xoves que un venres, en torno a unas cantas Weizen pensan en donde estalara a III Guerra Mundial. Si, A pantasma da Guerra Mundial sobrevoa as nosas cabezas, como o medo ancestral ó cambio de século e milenio. Queridos, a III GM comezara en Europa, na cuna da civilización occidental, no vello mundo. Quizais por que ese vello mundo se cansa de vivir sempre os mesmos ciclos.
Non temos políticos, polo menos non en España. Loitan uns contra outros e esquecen quenes sofren as consecuencias. Recortan e recortan, por exemplo do I+D+i, cando todo o mundo sabe que o futuro do país esta neses proxectos.
Estamos cansos de ver sempre o mesmo, de denunciar sempre o mesmo: agresions contra o patrimonio, o entorno, etc. Pero para que repetirme tanto? Xa me aburre! A cuestión é: é culpa dos políticos que non dan a talla, ou é culpa dos votantes que nos conformamos con todo? É culpa quizais de que pensamos que o mundo se reduce a dous partidos, cando ahí están tamén os minoritarios. Si, pode que o voto non fixera moito efecto, pero polo menos sería un toque de atención.
Dirán algún: Para que votar? Dicidello ós alemáns, que vos expliquen eles a importancia dun voto mais ou menos.

EU PASO XA DE LER O XORNAL, que levo moitos sustiños, como por exemplo ese DEMASIADO GALLEGOS. Haaaaalloooooo????? En Galicia somos demasiado gallegos, como en Niederschasen moi Prusianos, e en Madrid moi madrileños. Acaso ten iso algo de malo? Dicir que un é galego, estar orgulloso de selo e promocionar as cousas da terra non ten nada de malo, ninguen vai facer unha nova muralla cercando Galicia. O muro da vergoña caeu fai moito ( ainda que no mundo queden outros en pé) e na nos aterra … na nosa terra caeu para algúns e levantouse para outros.
MIRADE, AMIGOS, POR RIBA DA MURALLA, ISO QUE RESPLANDECE É O MUNDO. DEIXADELLE QUE ENTRE E VIVIDE PLENAMENTE!

No hay comentarios: