lunes, 29 de agosto de 2011

queixas

Eu non sei xa se isto de ser blogueira é bo ou malo ou se serve para algo. En fin, no blog teño apagado os meus cabreos, e teño deixado ous meus delirios de narradora frustrada e aprendín ocn el que xamáis sereí Rowlling. Eu quixera que fora o blog unha voz que berrara lonxe e cando vexo todos eses abusos ó patrimonio que tanto me enervan sempre pupululan pola miña cabeza palabras e imaxes para este blog. Despois, tonta mente, cando me sento diante do teclado ( hoxe, por fin na mesa mesa onde comecei a escribir os meus primeiros post con 16 anos) quítanseme as ganas de todo, básicamente por que os meus post acaban sempre un: “xa volo dixen”, que ninguen oe.
Van cinco anos sen cambios na vida do blogue, excepto por algun pequeño translado de casa ( de cibercasa, digo). Cinco anos durante os cales, fora destas catro paredes dende as que escribo, se levantaron grandes e rechonchos edificios de formigon, cada un máis feo que o anterior, que tapan á vista do mar, dese mar bravo que en Alemáña chaman Atlántico e que nos coñecemos co nome cariñoso de cantábrico. Ese cantabrico que me ten namoradiña, por que é libre, e non atende a razóns, que debora acantilados onde estan chales e castros, sen facer distinción por lingua, raza ou relixión. Ese mar ó que cabalgan ondas enfurecidas e barre co nordes ás vilas da mariña. Ese mar ó que boto de menos cando miro ó Mideterraneo, aburrido e simple ou ó Baltico, domesticado e morno. Ese Cantabrico que viu como as vilas modestas de pescadores se converteron en grandes paradores turisticos sen nada que ofrecer escepto UN MAR DE PRAIAS ( coma Barreiros). Nacen se nembargo pequenas perlas coma “Eido Dourado” e recuperacion de festas/romerias tradicionais coma FESTA DA ESPIÑA ( en Celeiro de Mariñaos. 3.9.2011) fronte a festas inventadas e cutrerrimas coma o DESEMBARCO NORMANDO DE FOZ, un intento de feira medieval que non pega entre as pedras finxidas das moles de formigon focegas. Entre os fracasos focegos debo mentar tamén o feito de que a famosa prohibicion de comer no Campo de Ramos, non sei se levantaou, pero en caso de que non fora así moi efecto non ten. Eu non son de Foz pero estou con eles.

No hay comentarios: