Fai un tempo celebraron a finalización das obras da escola de Celeiro de Mariñaos. Eu non estudei ali pero recordo os luns de prescolar na casa, e a aula que recendia a plastilina e a pintura de dedos. E recordo o meu peixiño vermello e a miña pelota e a alfombra verde o verme de cores. E recordo tamén os zapatos de charol que me poñían o día da festa e o lavirinto de sempreverdes e o que nos gustaba correr de noite por detras da escola. Para nos era todo unha aventura. Miles de historias bailaban e bailan xuntas na pista da festa, tantas que daría para mil novelas ...
Non sei por que, acordeime da alongada e marela figura da escola escoitando a Alexander Rybak ... Pregunto cantos usando as letras das cancións intentarían decirlle o mesmo á súa moza "I know you years ago but i don't know ... singing hoa, i lov you moa, you are in a way young for me but i don't mein, don't say maybe, you is my lady ... " [non me digas quizáis, ti eres a miña dama ... ] ... claro que todo iso sería a ritmo de pasodobre ... A min nunca me van cantar ó oido nesa pista, poderei repetir zapatos de charol, pero dende logo esa ensoñación de tempos pasados non sera máis real para min ... unha pena, por iso agora canto: Europa skies.
No hay comentarios:
Publicar un comentario