viernes, 2 de julio de 2010

LieteratuARTE

Inquedantes, tódalas palabras son do máis inquedante, florecen e murchan nos corazón dos homes dende antergo, nomean en cadan seu idioma sentimentos milenarios e nos usamolas con descoido, con desanimo, pronunciamos tanto algunhas que perden todo significado, utras desterramolas da nosa lengua para substituílas con son alleos. Mudna, vivas e travesas convertense a veces en xestos, esas palabras silenciosas que prendidas dos ollos, das mans e o corazon non fai falla dicir, tan so sentir para que o interlocutor entenda.
Fai tempo que a literatura non me enmeiga como lectora, sempre me falta algo entre as liñas, paragrafos e capitulos, un algo que non sei dicir o que é. Quizáis non lle pasa nada á literatura, quizáis quen falta son eu, que busca nas verbas algo que non se pode atopar. Sinto vacias as cousas, non me digades por que ... sinto que un “querote” non é nada, por máis que no libro se repita esa palabra se non se vai máis ala dela ..., o corazon que latexa xunto esa verba é o que nas letras lle da vida ... as veces semella que quen escribe pensa que basta só con iso, con escribir, será que o lector lle basta tan so con ler ? Non basta dicir “que triste estaba menganito” ou “que alegre fulanita”. Os libros son como o cinema ou a tele, non basta describir imaxes, hay que retratar ese mundo subterraneo do sentimento, do inconsicente, ese mundo máis ala da imaxe, que é historia e paixon e que lle fai latexar de verdade a cada unha das grafias ...

No hay comentarios: