Celeiro é un pequeño pobo de paso entre San Cosme de Barrreiros e Vilamar, coñecido noutros tempos como o pobo dos mandantes ( recorden os lectores que “mangante” era unha profesión). A Igrexa parroquial tiña como patrona a Santa Cristina, martir italiana, e ademáis contaba a parroquia cunha morea de capelas, das cales só se conserva unha, consagrada esta a San Caetano, monxe, tamen de nacionalidade italiana.
San caetano é pequeniño, e tan unha cariña doce e amable, nunca cansa de levantar as mans ó ceo, virando tamén os ollos cara o señor. Mal agoiro e que o santo os baixe. E se llo pides vela polos nenos, para que medren fortes e sans e para comecen a andar pronto, e para que o santo non se esqueza do meniño pendurados dos retablos quedan roupiñas de bebes e exbotos de cera. Viviu ás escuras durante oito longos anos nos que, por desagradables razóns, houbemos de abandoar a festa. Loitou heroicamente contra a couza e a humidade, contra a melancolia do forzado abandono e cando hai dous anos se volveu a abrir a capela un soriso leve debuxouse na cara policroma do santo.
O sabado temos de novo unha cita co monxe, co San Caetaniño e coa tortilla e desta volta teremos algo novo que celebrar: o retauración do prezado retablo do século XVII, vitima silenciosa do tempo, a humidade e os xilofagos.
Que volvan os xogos populares, as musicas de sempre, que corra o viño, a cerveza ou o cubata, e que garden as nubes a auga. Alí, preto dun castro que din dos Cibarcos, que se aunen tradición castrexa e católica, como sempre ocorreu nesta terra e que sexan as familias unha, unha da que todos poidan formar parte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario