miércoles, 26 de agosto de 2009

Todas somos meigas

Onte ameacei con este pos e miraronme raro. Para que vexades que cando quero cumpro, jejeje.

Hai un ser na Galicia, femenino e enigmático, que chaman meiga e que confunden moitas veces coa bruxa. Ambalas dúas gozan de facultades máxicas, si, pero mentras que a primeira e libre de as empregar para o ben e para o mal, a segunda só pode facer mal ó estar suxeita ós poderes escuros do demo, ser amante e posesión deste.
En xeral a palabra meiga, en galego, vai cargada de connotacións negativas, mentras que na lingua portuguesa “meiga” é un adxetivo positivo que designa a aquella muller capaz de enfeitizar e encantar a un home coa súa beleza e caracter, sen artes máxicas de pormedio. Igual, nin galegos nin portugueses nos equivocamos tanto, toda muller é susceptible de levar a cabo prodixios máxicos asi como de encantar, enfeitizar ou enmeigar ó sexo oposto.
Atribuelle a sabedoria popular certos poderes á muller menstruante ó estar ligado o ciclo á lúa e á vida. Os devanditos poderes ou facultades son tanto negativos como positivos e posueos calquera muller, sen necesidade de ser meiga ou bruxa. Compre dicir que non falamos de “falsos mitos” senon de crenzas populares que lle atribuen capacidades extraordinarias ás mulleres que estan a pasar o seu ciclo, alguns dos cales se relacionan coa impureza.
Disque a muller mentruante pode secar campos e cultivos ou amainar unha treboada no mar ensinando os seus xenitais. Atribueselles tamén a curación de certas doenzas como a esterilidade, pero tamén teñen a capacidade de facer abortar a animais. No Talmud e na biblia son moitas as perlas que se din sobre o ciclo e de todas se sobre entende que a muller que sanga é unha impura (de ahi a vergoña da hemorroisa, que non atrevendose a falar co señor, debido á súa impureza, tocou furtivamente as prendas de Cristo, curandose instantaneamente). Así no Talmud, asegurase que cando unha muller mentruante pasa entre dous homes, un deles finará. Esta temporal meiga ten a capacidade de ollecer homes é animais, pero tamen pode matar. A muller, baixo o influo da lúa e o ciclo convertese nunha sorte de meiga que tanto pode face-lo ben como o mal. Plinio, na súa Historia Naturalis, de sobra coñecida (aínda que so sexa de nome), conta que unha muller neste periodo é quen de decolorar un pano pupúreo e de trocar en negro as roupas brancas. Por outra banda, disque na Idade Media existía unha crenza popular que dicía que se prantaban cabelos de muller mentruante nunha pila de esterco e ó calor do sol, enxendrabase unha grosa e fea serpe. Na mesma época pensabase que os nenos peloroxos foran enxendrados durante o devandito ciclo.
¿E que hai das mulleres postmenopausicas? San Alberto Magno advirte dos perigos destas, pois o sangado, non podendo sair do corpo de forma natural, sube ata os ollos e reflictese na mirada provocando o chamado “mal de ollo”.
Estou busca que rebusca pola rede, pero nada atopei sobre os mitos da mestruación no folclore galego, máis dinme pola casa, que a muller, durante o seu periodo, non había de amasar a zorza pois corriase o risco de que esta se botara a perder. É máis, disque isto aconteceu nunha casa dos arredores, da que non recorda o nome a miña informadora, por non reparar no asunto.
Da regra tamén se deriva a importancia que en Galicia tiveron os lavadoiros, non só por que eran os mentideiros dos pobos, senon por que alí, as mulleres, lavaban as prendas máis intimas e as sábas da casa, aquela dona que fora algo espabialda podía, cunha ollada discreta, saber das intimidades das súas veciñas sen que estas se decataran. A hixiene feminina delataba os segredos das mulleres dende o tendal da casa. Se tendes avoas con vos, se vivides nunha casa de campo cun tendedoiro fora da mesma, no xardin traseiro por exemplo, seguro que a teredes escoitado miles de veces dicirvos como compoñer un decente é armónico tendedoiro que faga máis elegante a modesta coada, e todo para evitar o que diran dos veciños. Por que os veciños miran e len nos tendedoiros alleos, podendo saber, en tempos antigos, cando unha muller estaba en cinta ou cando non. ¿Intuidelo porque?

Ata aqui ... á espera de novos mitos

No hay comentarios: