Lía isto onte.
Deixando a parte a saña do periodista que pregunta demasiadas veces cousas como: Esta enfadado?, decepcionado, asustado?, irritado? Destaquemos a observación do señor Lledó sobre a costa norte española.Vale, non é un tema novo, nin unha iluminosa obervación. É unha evidencia, unha evidencia da que se falou no último seminario de museoloxia poñendo como exemplo o crecemento de Llanes nas últimas dúas decadas. Alguen nomeou daquela a costa de Lugo e entón saltei eu: “baixar a praia e non recoñecer o camiño dun ano cara outro nun lugar no que te criaches parece algo imposible pero non é así …”Falamos de que existe unha normativa de costas, falamos de que existe en Taramundi unha normativa local respecto á construcción e remodelación de casas de forma que as intervencións realizadas non sexan un espanto para a vista nin un atentado contra a unidade arquitéctónica do lugar, falamos de que debería ser así a nivel estatal, falamos de Suiza e de Francia e deses pobos idílicos coas súas estatuas e rúas empedradas, falamos das rixidas leis que teñen, das pedazo multas que deixan caer derriba dos que as ignoran (no bo e no mal sentido da palabra).E alguén dixo “non é que sexan máis civilizados e que teñen normas máis duras”, e alguén respondeu “pero cumprenas, aquí tamén hai unha normativa que non se respeta o que fala en certa maneira do noso grao de civismo” e alguen dixo “o que pasa é ós noso gobernantes gustanlles os cartos no sobre” e alguen respondeu “iso en tódolos lados, non hai máis que ver italia”.Eu non dixen nada, por que o importante xa estaba dito: as multas, as penalizacións. Aquí existe unha normativa e a xente di “que veñan e mo tiren” e iso era o que había que facer, coller e tiralo, é certo, iso custa cartos, pero o aluguer da maquinaria ben se pode pagar cunha multa “simbólica”. Coller e tirar todas esas cousas horrendas que nos plantaron na costa e que estan valeiras medio ano e que deforman a nosa paisaxe convertendo os nosos pobos en hibiridos a medio camiño entre aldea, vila e cidade turística.
Desde que mi maestro me enseñó a leer el Quijote. Leíamos ¡y luego teníamos que hacer sugerencias de la lectura! En la universidad nunca nos pidieron eso.Ese é o obxetivo principal do Bolonia, converter a Universidade nun ente non pasivo na que a comunicaciopn co alumno non sexa unilateral, na que non se limite a tomar apuntes e aprobar exames, que sexa quen de ter ideas e plantexalas sen problema e todo iso sen descuidar a formación. Logo veñen os lios, ósestudiantes informasenos mal, os profesores non coñecen ven o terreo que pisa, só se libra algún que por haber nacido en Alemania coñece de que vai a cousa e observa “o que creo e que en España se esta a plantexar mal”, pois, eu tamén o creo, eu que son a coballa de experimentación, o coelliño de indias ( e diría FM: los experimentos con gaseosa y no con personas) pero non sei o que falla, sei que me falta algo, non sei o que, quizáis un enfoque distinto nos seminarios ou grupos máis reducidos nas clases maxistrales (pero iso dobra o traballo do profesor) … O traballo do profesor: les nos foros que o Bolonia esta ben para facerlles traballar ós profesores, que non pegan pau e o deriban todo ós pobres becarios mileuristas ( agora entendo que sexan todos uns malencarados que non saiban axudar ós alumnos de primeiro, que non saben os pobres como furrula a aula de informatica ou a biblioteca, … Os becarios son un entes raros, variables de caracter, que normalemnte te miran raro …) e enton o problema parece reducirse a unha batalliña profesor-alumno, alumno-profesor, e o Bolonia é o motivo, cando deberia ser causa dun traballo mutuo, é como se dalgunha forma se seguira a maxima de “só ensinando se aprende”, si, aprendese que no mundo hai unha gran panda de desagradecidos … (iso é outro tema non?, que se da máis noutros ámbitos … ).Logo querenche tapar o Sol cun dedo, e dinche que o Bolonia te obriga a traballar máis e completar apuntes e non sei canta idiotez máis. Pois claro que hai que completar apuntes ou mellor dito, refacelos, por que case non temos, vamos a todo correr, non lugar á improvisación, se falla unha clase fallou para todo o cuatrimestre e toca preparalo pola tua conta. E o seminarios … os seminarios son un asco … pero non sei se mo parencen a min por que significan traballo dobre ou por que non saco nada sustancioso da maioria deles, que acaban sendo como clases maxistrais presentadas por alumnos todo para converternos en vos horadores, como se foramos a dar conferencias todos nos, ou peor ainda, como se foramos a ser profesores !!! (sintoo polos do gremio, non levo animo de ofender, só que me imaxino eu na tarima, diante do encerado, e poñenseme os peliños de punta, non me agrada a idea ..), pois a min dame xa igual se falo ben ou non total, tal e como van as cousas só aspiro a caixeira de supermercado, ou mellor de barrendera, que así dame o fresquiño … E eu vou ser licenciada (5 anos) pero os seguintes seran graduados (4 anos) e iremos todos pola mesma vara de medir, vamos, que os licenciados non libramos do master tampouco … por que esa e outra, con esta febre dos titulos que corroe o noso mundo, parece que isto do grado so supón una cousa: a carreira polo master … (esperemos que iso abarate os custes).E si, se me estades aler, parezo decepcionada, e triste, e este e o resultado do non saber, do descoñer, que parece que un cae nunha noxenta desidia de facer as cousas por facelas e facelas o mellor posible por que o seu é facelas ben e non facelas a rastro. Quero dicir que esta ben, un estudia, e estudia para sacar nota, pero os proxectos de futuro non son máis que castelos no aire, no aire de vendaval, tan pronto veñen como se van. Esa é a realidade: o Bolonia ben plantexado non esta mal, non esta tan mal como parece, pero o caso é que moi posiblemente non se este a plantexar ben, ¿enton que nos queda? ¿Esperar a que dentro de 10 anos se vexan os resultados? ¿Daquela quenes serñán os perxudicados?
[texto non corrixido]
No hay comentarios:
Publicar un comentario