A historia da Papisa Juana podese interpretar como lenda ou como realidade non constatada, sendo o único certo que existe e que sorprende.Si, amigos, seica houbo un Papa muller. Juana, posteriormente coñecida como Juan o Anxelical, era filla de pais anglosaxóns, nacera en Ingelheim, cerca de Maguncia e pasou por Atenas e Roma para completar a súa formación.En Atenas Juana frecuentaba un pequeno convento benedictino donde puido perfeccionar a súa educación, namorou dun dos seus mestres e tivo a sorte de ser correspondida por este. Para evitar a separación comezou a vestirse de monxe pasando a ser coñecida como Juan o Inglés. A súa escepcional preparación deslumbraba á maioria dos monxes, e ela non deixaba de concentrarse no estudio, ademáis, suponse, de entregarse a outros menesteres propios de Eros.Á morte do seu amado concentrase moito máis no estudio, como se iso lle servira para afogar as penas, tempo despois marcha a Roma e chega a ser nomeada Papa.De novo apareceu en escea Eros e cunha das súas perigosas frechas fixo que o recen escollido Papa caera rendido ante os encantos dun xove clérico que o deixou en cinta. Juana ocultou o estado todo tempo qeu lle foi posible ata que, xa en avanzado estado de xestación se puxo de parto no medio dunha procesión traendo ó mundo un neno. Inmediatamente foi arrestada e levada ó castelo de Saint Angelo, ali falecería semanas despois, non se sabe se emparedada ou degolada. O seu amado suicidouse tirandose dende o pico dunha muralla.Disque dende enton, cada novo Papa, antes da súa coronación, debía someterse a un exame que confirmase a súa masculinidade …
verdade, mentira ? Tanto da, esta ben soñar que un día, unha muller, escollida polas súas capacidades intelectuais ocupou a mesmísima cátedra de San Pedro e foi respetada como un máis no afastado e, según algúns, escuro século IX
[E prometo de verdade e solemnemente ante todos os que lean este post que antes de comezalo non sabía que a Papisa nacera en Ingelheim (Alemania)]
P.D: Creo que hay peli sobre ela … xa me informarei …
No hay comentarios:
Publicar un comentario