Simplemente sinxelo e fascinante.
Deslumbranos a pelicula de Dysney, polo menos asi lle pasa ós da miña xeración e supoño que tamén ós que nos seguen. Logo resulta que de vez en cando un descobre pequenas pezas cinematográficas, xoias, filmes bombon, que o logran transportar a un conto sin tempo nin espazo determinado e inundarlle a alma de maxia e inocencia sen a agradable cor dun debuxo animado. Certamente a Bela e moi bela e a Besta, nin é tan besta, nin tan fea, ainda que creo que o meu criterio se ve aqui un pouco perxudicado, Besta ten rasgos felinos e a min xa sabesdes que me pasa cos mininos.
Tiña eu que centrarme na descripción do palacio de Besta, mirar cada un dos seus recunchos, fascinarme con cada unha das estatuas, con eses serventes invisibles, observar ben o cuarto de Bela. O cuarto de Bela ... como un tenro xardin interior na que descansar sen temores nunha cama con dosel do que penden panos brancos ... Madamme Lepince, ó escribir a súa historia inspirouse no Eros e Psique de Apuleyo, eu ó ler a tenra historia de como amor e alma se uniron para sempre imaxinaba a habitación nupcial de Psique igual que Cocteau creou a habitación de Bela, podedelo crer?
Tanto o Asno de Ouro de Apuleyo como a Bela e a Besta de Madame Leprince estan pensada para servir as ideas dos seus autores pero esquecendonos das insterpretacións que poidamos facer baixo a optica de cada un destes creadores o certo e que as historias de Belas de Bestas mostrannos un mundo que non é o que parece. Ainda que pareza que non este tipo de historias son moi abundantes nos repertorios de contos populares pero na maioria dos casos veñen a ilustrar o poder da astucia sobre a forza bruta, recordemos todos aquel leon enamorado que se deixou arrincar unllas e dentes para poder casar coa súa amada e logo foi expulsado da vila a patadas polo pai da noiva, tamén esta o caso do tigre que se deixou decapitar, podemos citar incluso a heroinas biblicas como Judit e Dalila e dicir, sen temor, que en parte se asemellan a estas Belas populares.
Deberia centrame na representación iconografica das Belas pero sintome especialmente inclinada cara as Bestas, por esa dobre natureza, salvaxe e humana, ningunha delas impera sobre a outra, ou si? Parece que neste conto animal e home son facilmente discernibles. Agora ben, que outras Belas e que outras Bestas podemos atopar na literatur, o cine, o teatro, a opera e as artes en xeral a través da historia?
Saltemos a Drácula por que non me coñezo a historia dos seus amorios, para falar de vampiros teria que falar de Ane Rice e non me parece axeitado. ¿Que me dicides de Erik, a pantasma da ópera ? Xa non é un animal, é un home co rostro deformado, “O cadaver humano” anunciaban nas feiras (digamos que era o friki da época), sen embargo seguimos a identificalo coa Besta, va que si? Partimos, en principio, da súa suposta fealdade e logo comprobamos a súa carencia de humaninade nese gusto pola manipulación das persoas, o seu encaprichamento ou amor por Chritine Daaé, os asasinatos que comete sen razón, ... As veces parece máis un ser salvaxe que un home, máis semella que coñecendo a penosa vida que tivo todo resulta máis xustificable, ainda que non perdoable, ... aquí, a vista do penoso analise que fixen ( desculpen), podemos chegar á conclusión de que esas duas natruezas, a racional e a irracional, non sempre se poden distinguir con facilidade.
Certo, estades pensado noutra Besta e noutra Bela, pensades nunha cidade e nun mono xigante, e pensades na pelicula de Merian C. Cooper y Ernest B. Schoedsack e non na de Peter Jackson (ou iso espero). Si, estou a falar de King Kong, o gorila xigante que raptou a unha fermosa Ann Darrow ( Fay Wray) para subir ó cume dun rañaceos. Pareceme que a imaxe xa forma parteda nosa memoria colectiva, como a de Mariñyn felicitando certo cumpreanos, a de figura de Scarlet O’hara recortada contra o solpor ou a de certa señora na Fontan di Trevi (aiii quen fora ela: Marcelo, come here!) ... ¿Acaso non hay algo moi humano nos ollos de Kong?
Ata aqui un pequeno achegamento ó tema, conforme avance na “investigación” xa irei mellorando esta burda reflexión, mais plagada de exemplos que de ideas ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario