Mostrando entradas con la etiqueta identidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta identidades. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de septiembre de 2009

Identidades: Santiago

Non é condicio sine qua non que ha historia dunha nación se teña que remontar á prehistoria para que se admita a lixitimidade desta. Ás veces a personalidade dunha nación xerase en tempos máis próximos, ou polo menos a partir do ano 1. Se os celtas, os celtiberos, os castrexos, os romanos e demais xentes non nos convenceron, se Ith e os fillos de Mil nos soan a invento moderno, se cremos que as meigas as podemos encontrar en calquera punto cardinal, podemos avanzar un pouquiño máis no tempo, e situarnos xeograficamente no Santiago do bispo Xelmirez.
Que o sartego do primeiro dos apostoles do Noso Señor aparece nas terras Galegas non foi casualidade. Primeiro por que aquí se atopaba o Ara Solis, antigo lugar de peregrinación pagana que habia de ser cristianizado, pero sobretodo por que o inimigo musulman estaba ás portas de Europa e o seu único freo eran as forzas dos reinos cristianos do norte peninsular. Os reinos habian de unirse, por riba de toda rencilla politica e non hay unión máis forte que a da fe, por que aqueles que comparten unha mesma fe sentense participes dun mesmo mundo, e isto non é unha teoria miña, senón unha teoria que xa os romanos tiñan patente (estudiese a tardoantiguedade e as persecucións cristianas), e porsuposto, tamén a comunidade musulmana. Necesitabase un foco de unión, punto de peregrinación, un novo axis mundi do universo cristian, posto que ás terras de Pedro quedaban afastadas. Neste contexto retomouse con máis forza o culto ó ultimo leito do apostolo Santiago. E a cousa hemos de estudiala máis detidamente, pois na cidade de Oviedo, sede rexia do reino Astur, ó que Galicia partencia como condado ( condado que abarcaba tamén as terras comprendidas entre o Eo e o Navia), gardaba dentro das súas fortificacións una das reliquias máis importantes do mundo cristian despois da Vera Cruz atopada por Santa Helena nas terras de Xerusalen, a coroa de espiñas da Saint Chapelle de Paris ou o camisón do parto da Virxe custodiado en Amiens, Oviedo gardaba a sábana santa, a tea sagrada que máis directa relación gardara co corpo inerte de Cristo e o milagre entorno o cal se levantara toda a fe cristiana: a resurrección. Certo, en Turin había outra Santa Sindone, e ambas, como ben dixo un experto e bispo ó mesmo tempo, son verdadeiras ( tan verdadeiras coma falsas), non obstante permitome o luxo de desviarme do tema para aclarar que é posible que as duas sexan verdadeiras, unha sería o sudario ( Turin) que serviu de mortalla e a outra sería a verdadeira sindone (Oviedo), a tea que se utilizou para transpostar o corpo de Cristo ata o sepulcro e que a lei xudia considera que o cadavre é algo impuro que non debe ser tocado, pero ademais, ó sangue do defunto, se é que perdeu sangue, ten que ser recollido e spultado xunto ó corpo se é posible posto que no sangue, segúndo a tradición semita, reside a alma, e se esta non descansa como é debido tampouco o fara o espirito. Dita tradición, un tanto extrana, seguramente se deba ós apocrifos do Xénese no que se di que tralo asasinato de Abel ó sangue deste clama xustiza.
Atopamonos ante esta situación: en Oviedo temos ó Señor, en Santiago temos a un simple servo. ¿Como chegou o segundo a superar en fama ó primeiro? Non atopei aínda fontes que mo aclaren pero o que si é certo que Galicia viviu un dos seus mellores momentos, grazas a Santiago ou a Prisciliano ou a quen sexa que durme no sartego, debemoslle unha época dourada na que floreceu unha literatura trovadoresca que tan fartos nos ten durante a eso e o bacharelato. Os camiños de Santiago foron unha importante via de comunicación e intercambio cultural através dos cales non só se deu un florecemento da literatura en Galego-Portugues senón tamén a maduración dun románico, primeiro estilo artistico común a toda Europa, que atopa no portico da Gloria a culminación da súa escultura. Por outro lado á ocupación musulmana, e non me quero meter en se somos medio arabes ou non, debemoslle a creación de numerosas lendas entrono a mouros e mouras que deixaron en terras galegas centos de tesouros ou que mesmo se preocuparon de gardar os segredos dos castros.

P.D Gustariame ter información sobre Galicia e a ocupación musulmana da peninsula. Xa sabedes, grao de islamización e intercambios culturais entre cristians en musulmans aqui polas terras altas e que non hay que esquecerse que el “borrico de Almanzor”, levou a campá de Santiago.

viernes, 14 de agosto de 2009

Identidades: celtismo e celtofobia I

Pero deixemonos de quen conquistou a quen e vaiamos ó esencial: quenes son os celtas? Que temos de celtas?
Por celta entendemos o individuo, a cultura e a lingua dun grupo de pobos orixinarios da Europa central que cara o século VII invadieron o oeste europeo. O termo proven do grego keltoi e do latin celtici e el mesmo conleva alguns problemas interpretativos pois en moitos casos é un termo xenerico que as culturas clasicas aplicaron a diferentes pobos europeos. Celta tamén é un grupo de linguas europeas, así como o arte da segunda metade do ferro. En definitiva, o termo celta aplicase en moi diferentes casos, unhas veces como xénerico e outras veces para referirse estrictamente ó pobo celta, aquel que situa a súa orixe no centro de Europa, a partir do final da idade do bronce e a comezos da idade do ferro asociada á cultura dos campos de urnas e a cultura da Hallstatt. Xa finalizando a a idade de Ferro o espacio xeografico do pobo celta extendese dende o leste de Francia ó sur de Alemaña, Austria e Suiza, para mais a diante extenderse ás illas britanicas , o occidente da Peninsula Iberica, a Republica Checa, Eslovaquia e a Hungría occidental. O resultado da expansión é ben coñecido, a súa lingua, a súa relixión e as súas costumes, por razons comerciais e de veciñanza, influen noutros pobos e culturas ou son asimilidas ( para que vexades que dende antigo manda a ley da oferta e demanda, ou o que é mesmo, quen ten os cartos, ten a cultura).
A nos interesanos o caso da ocupacion celta no noroeste peninsular, bastante discutida. Segundo os historiadores grecolatinos o noroeste peninsular, a Gallaecia, pertencería, sen dúbida, ó pobo celta, cousa que non esqueceron reflectir no topónimo que lle deron á nosa terra ( a raiz gal segundo teño entendido, fai referencia ó pobo celta ). Non obstante, como ben apuntabamos antes, o termo celta tamen foi aplicado a diferentes pobos que gardaban similitudes con este, similitudes tanto culturais como linguisticas. Desta forma entendese que o celtismo este máis que discutido, posto que cabe a probabilidade de que os pobos da gallaecia non foran celtas, senon que se viran fortemente influenciados por esta cultura, que como xa vimos, gozou da exemonia politica, ou mellor dito, economica. Logo, é probable que os celtas estiveran na Gallaecia e que se situaran na Costa da Morte, mentras que o resto do territorio estaba ocupado por pobos da cultura castrexa, ingluida pola celta pero non celta, entre os que se encontraban os Cibarcos, os Grovios e os Cilenos, por exemplo. No caso linguistico parece que nos atopamos na mesma dicotomía, un din que na Gallaecia se falou un idioma celta, semellante óu identico ó lusitano, mentres que outros manteñen que o idioma era simplemente indoeuropeo, é dicir, un irmán do celta.
A tendendcia arqueoloxica actual parece ser a da celtofobia, o que non quere dicir que sexa a correcta, como ocorreu no seu momento co celtismo. En resumo, a castrización comenza ben avanzada a idade do bronze, non sendo este un fenomeno privativo do noroeste peninsular, este tipo de cosntruccións atopanse tamén no occidente europeo, todas elas levantadas por pobos diferentes o que lles imprime a cada unha un caracter singular, polo que as construciións do noroeste peninsular son totalemtne orixinais desta zona e dos pobos que nela habitaban e denotan unha gran riqueza cultural. En conclusión, habitaran ou non os celtas o territorio galaico, atopamos nesta zona unha cultura castrexa con rasgos singulares e distintivos, con mostras de poboación dispersa, rasgo que alguns queren ver aínda na galicia de hoxe, non so na peninsular, senon tamén nesa galicia que se espallou polo mundo co fenómeno da emigración [eu máis ben penso ... penso moitas cousas a cerca do fenomeno da imigración, do que xa falerei nesta serie de post, pero deixademe que diga: se os galegos estiveran dispostos a pasar nesta terra o que pasaron nas alleas ...]

sábado, 8 de agosto de 2009

Identidades: Celtismo e celtofobia I (intro)

O post, moi na miña liña, e bastante repitivo seguramente, é froito de certa conversa que mantiven con unha amiga, unha desas conversas a estrañas horas da noite, cando un se sente moi erudito ante calquer vaso cheo de auga, cola, ou outras sustancias como a sidra. E é que non podiamos evitar caer en tal conversa, eramos tal para cal … a invicta asturiana levoume ( e eu deixeime), camiño do Eo – Navia, e claro … armamola amistosamente. Ela viao todo branco ou negro e eu, que tendo a velo máis gris, conseguin, por unha noite, que a radical se volvera un chisco máis moderada, ou que polo menos se sentira interesada por leer ou escoitar outras razóns que non foran as dela … E dende aquela noite pensei neste post, no celtismo, na celtofobia, na koine europea que se reflectiu no camiño de Santigo e nos anuncios do Gadis ( que lle queres … así é o mundo consumista …) … E ademáis, xa que me anda o blog medio moribundo, penso que esta é unha forma de resucitalo, aínda que so sexa un chisquiño de nada, para que o encefalograma non sexa tan plano …
Falemos pois de nacionalidade, nacionalismo, da nacion, de Galicia, dos galegos e do galego, do pasado, do presente e dun posible futuro, e fagámolo non só afogando nas vellas cantigas senón brincando ó son das novas cancións que por unha ou outra razón son chamadas clásicas e que, algún día, serán parte do acervo popular.Os movementos nacionalistas apareceron a finais do século XIX como resposta ós intentos de unificación napoleónica e as políticas de centralización de poder dalgúns estados como o Imperio Austrohúngaro e viviron o seu explendor durante o seculo XIX. As fronteiras da vella europa cambiaban e as novas nacións quixeron afirmala súa identidade volvendo os ollos a un pasado, canto máis afastado mellor, tomaban o concepto organico historicista da nación, nado en alemaña das mans de Hader, Fichte e Rairke. A arqueoloxia, unha ciencia que comezaba a encetar os sendeiros da historia, foi a principal arma que atoparon os nacionalismos para exumar a veces sen moito acerto, un pasado que fora base dunha sociedade e unha historia común. Galicia non quedou ó marxe aparecendo a mediados do século XIX unha conciencia de identidade propia que desenvocou no desenvolvemento do movemento nacionalista galego logo de pasar este por dúas fases previas: o provincialismo e rexionalismo.Os intelectuais galegos viron na cultura castrexa as mostras máis importantes dun pasado comun galego, un pasado ou unha cultura pasada que presentaba moitas similitudes cos pobos celtas da vertente atlantica europea. Creuse enton que o pobo galego era celta, ou que polo menos, tiña moito de celta, de feito ata Irlanda chegaran netos de Breogán, o heroe galego por escelencia (Lenda de Ith e os fillos de Mil)Pero sería inxusto falar de que antepasados galegos conquistaron terras irlandesas sen recordar que por estas terras hai unha vila chamada Bretoña fundada por Maeloc, xeneroso señor dos bretons que escondeu no monte Corneria ( ó pe da miña casiña. Se alguén quere vir buscalo comigo eu levo tres cuartos … ) un suculento tesouro polo que Foz e Barreiros loitan cada ano.