Pasaba por aqui, un blog irmán e ía deixar un comentario, pero como estaba a quedar un pouco epistolario pareceume mellor adicarlle un post. Tocastesme a vea artistico-cientifica, e iso évos de agradecer, sobretodo tendo en conta como me van dexenarando ultimamente os temas. Non hay nada novo baixo o sol, e non hay nada novo neste blog. Por outro lado, dado que hai tres blogues irmás, ben podíamos comunicarnos máis, dende logo iso é o máis divertido dun blog: a inmediatez e a comunicación, que neste caso debera ser a dúas bandas, vos e eu, eu e vos ( meus queridos blogueiros, internautas, profes do Dionisio, alumnos, familiares, xente que cae aqui despistada … )
Durante os ultimos tempos ( semanas) asistimos a diversas noticias relacionadas coa que foi unha das mulleres mías fermosas do planeta. Si, amigos, a Gioconda foi un icono de beleza, de pel suave, ollos intigrantes, rostro sereo, escote insinuante e xesto virtuoso.
Disque un escaner mostrou dentro das suas pupilas unha series de letras ou numeros que estan a investigar. Eu máis ben creo que cando un se obsesiona cun codigo oculto, acaba atopandoo, na realidade ou no maxin. Agora piden a exhumacion do grande Leonardo para examinar a súa caveira e determinar se se puido tratar dun retrato do mesmo como muller. Para iso esgrimen a posible homoxesualidade do mestre. Cientificamente hemos dir ás fontes de dita teoria: Freud e a súa obra “Recodo infantil de Leonardo da Vinci” que á súa vez se basea nunha novela biográfica adicada ó florentino. Freud, xa bastante revasado, pero ó que non podemos negarlle a influencia que tivo no século XX, comete, para comezar, un erro: non ir á fonte máis directa, Giorgio Vasari; senon quedarse coas palabras dun novelista de segunda fila. E todo o mundo que le, e todo o mundo que escribe sabe que moitas veces as persoaxes ( historicas ou non) acaban levando matices do propio caracter do lector/autor en tanto que, como seres empáticos, describimos aquelo que mellor coñecemos ou imaxinamos [Pero estas son outras teorias dignas doutra análise].
En fin, se Leonardo era homosexual ou non, puido ser un factor de creación pero non a explicación completa. Leonardo é un idividuo, singular, si, pero forma parte dun entorno: o século XV italiano. Concretamente á segunda métade, é dicir, viviu na época do Renacemento clasicista ( e matizo clasicista, por que contemporaneo a el foi Miguel Anxo, mestre do renacemento manierista). A divina proporción, o número aureo volveu ver a luz tras un periodo no que as artes plásticas eran belas en canto expresión divina, que non natural. O corpo humano foi o centro de tódalas miradas, tanto cientificas coma artísticas e a beleza entendeuse en termos gregos: de perfección e serenidade. A inexpresividade ou pasividade do rostro de dona Gioconda é perfectamente comprensible en termos clasicistas. Os xestos de dor e alegría contraen a faciana e apartan a armonia das proporcións, deformannos, e isto non o digo no nome da historia da teoria da arte senon simplemente no nome da rosa .
Por outra parte a medidados do século XV aparecen as primeiras Korai gregas. As Korai (rapaza) eran estatuas votivas feitas en pedra ou madeira de marcado caracter hieratico ( Atencion estudantes de historia da arte: non hai examen de arte clasico que se aprove sen usar a palabra hieratico ou hieratismo), ollos amendoados e posición ríxida. En xeral, ditas caracteristicas recordan tamén as da arte exipcia. Pero … que teñen que ver as Korai coa Mona Lisa? Facil: o soriso. Ese sorriso entre tranquilizador e inquedante, non o inventou Leo, inventarono os gregos arcaicos. E que me dicides do sorriso etrusco? Non, non é un libro nin unha peli ( que tamén), o sorriso estrusco existe. ( ollo, falo del pero non sei de certo que no XV se coñeceran os sarcofagos etruscos, supoño que si)
E ata aquí a pequena e repetitiva clase de arte. Sobre unha das belezas da historia.
P.D. LEONARDO DA VINCI NON INVENTOU O SFUMATO ( nin ía por ahi fumado …) FORON OS PINTORES FLAMENCOS, que xa coñecían a técnica do óleo e o sfumato e que o usaban para facer paisaxes. Leonardo só o perfeccionou levandoo in extremis. Basta ver que só o rostro de Mona Lisa un pouco máis de trinta capas tránslucidas de pintura ( veladuras) que permiten un tránsito imperceptible entre a luz e a sombra.
A prosa como motivo ... das letras ás ideas. O noso lugar de reunión. Unsere Treffpunkt.
Mostrando entradas con la etiqueta beleza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta beleza. Mostrar todas las entradas
martes, 25 de enero de 2011
viernes, 24 de octubre de 2008
Conversa: Da beleza dos anxos
- ¿Ousexa que segundo ti ter cara de anxo é ser guapo?
- Pois … non. Pero axuda bastante XD
- Pois eres unha parva …
- Todo ten explicación. Veras:
Debes pensar que son seres en contacto con Deus, que este é a perfección última e que tendemos a identificar perfección con beleza. Se temos en conta que os anxos emanan directamente de Deus e que ocupan a escala máis alta, a que máis proxima esta desa Perfección última … podemos deducir deste xeito que os anxos son os máis perfectos de tódolos seres. Afirmando que son perfectos, afirmamos tamén que o seu grado de beleza e moi superior, logo, os anxos son “guapos”, por iso mesmo, ter cara de anxo, axuda bastante XDDDDDDDDDDDD
- Pois … non. Pero axuda bastante XD
- Pois eres unha parva …
- Todo ten explicación. Veras:
Debes pensar que son seres en contacto con Deus, que este é a perfección última e que tendemos a identificar perfección con beleza. Se temos en conta que os anxos emanan directamente de Deus e que ocupan a escala máis alta, a que máis proxima esta desa Perfección última … podemos deducir deste xeito que os anxos son os máis perfectos de tódolos seres. Afirmando que son perfectos, afirmamos tamén que o seu grado de beleza e moi superior, logo, os anxos son “guapos”, por iso mesmo, ter cara de anxo, axuda bastante XDDDDDDDDDDDD
Suscribirse a:
Entradas (Atom)