Mostrando entradas con la etiqueta acibeche. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta acibeche. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de agosto de 2011

Extranxeiros

Onte miraba eu un escaparate dunha xoieria camiño da Portada de Praterias ( Santiago) cando ó lado meu un extranxeiro ( español de terras non galegas) vocieferaba: esto no es un poco caro?! Mentras a muller, que non era quen de recoñecer todos aqueles deseños de prata e azabache non dicía nin chío.
O home abrumado ante tales artes seguiu preguntando: pero … ¿Qué es?, ¿plata? Eu fixen como que non entendía e comecei a falar con miña nai que estaba ó carón: pois a min non me parece caro, os meus pendentes para o traxe regional costaban máis ou menos o mesmo ca ese par d’ahi, e estes levan un chisco máis de labor. Miña nai asentiu, deixandome disfrutar un anaco máis da vista do escaparate (se por min fora comprabaoo todo, son vos tola pola prata e o acibeche, ben o sabedes). O home, que ainda que era extranxeiro ben entendia o que eu dicía ( xa sabedes, cartos son unha lengua universal), comezou a apreciar mellor os materiais que alí via, e foise xunto coa muller, quen dixo: esos diseños de fantasía son bonitos.
A min revolveronseme as tripas, por que … fantasía, fantasía non é, se se pon ven o ollo podense distinguir formas vexetais estilizadas, e xa por non falar do traballo que levan: filigrana e granulado, combianados con placa simpre de prata envellecida e engaste de acibeche a cabuchón. ( o azibeche, polas súas caracteristicas morfoloxicas non se debe traballar en facetas, senón en cabuchon, é dicir, como facendo ollos redondos que se engastan nun oco á medida). En fin … Extranxeiros …