lunes, 24 de septiembre de 2012

Villa Amarae

Disque, seica, comentase e contase que Vilamar se chama Vilamar por que é o primeiro lugar de terras lucenses dende onde se pode albiscar un poquechiño de cantábrico.  Non sei o que hai de certo nisto, pero sei de boa fé que o mar se ve dende algún punto de Vilamar.

Sengundo a enciclopedia galega isto de que sexa o primeiro sitio dende onde se pode ver o mar e puro conto da tradición popular. A razón deste nome é a existencia neste lugar dunha villae romana que tiña coma dona a unha patricia chamada Amara, asique o nome proven do latín Villa Amarae ( a vila de Amara). Da Villae non sei nada, pero sei que por alí hai documentado un anaco de calzada romana. 

A min, con todo o meu respeto para os cidadans desas terras, Vilamar sempre me pareceu terra de ninguén, coma se fora unha desas vilas nacidas polo continuo transito de xentes hacia lugares máis importantes, claro que o mesmo se podería dicir de Celeiro de Mariñaos, xa sabedes: o pobo dos mangantes.

Falando de mar ... Hai en celeiro un lugar que lle chaman A Mara seca ( bueno, non sei se escribe así) ou Amara seca ou A Maraseca ( supoño que o correcto será esto último). Seica, disque, contase, rumorease, que se chama así por que en temos moi remotos o mar chegaba ata alí ... E bueno volvera a chegar co desxeo, supoño. Para que bos orientedes ( se non estou eu moi perdida) este lugar atopase trazando unha liña recta dende o Santo Estebo, dirección Celeiro, de feito, por alí pasa un camiño coñecido como O camiño do rego do Santo Estevo. Se alguén sabe algo disto, pois que comente a entrada, porfavorciño.

Por certo, falando do rego de Santo Estevo ... Se non lembro mal, ó final de Celeiro ( vindo de Lourenza, dirección Ribadeo) había una lavadoiro abastecido coa auga deste rego. Estiven alí cando era pequerrecha buscando mofo para o belén e xogando a carrapuchiña vermella con miña nai. Hoxe pode que quedaramos xa sen el, por que o estaban a cubrir as silveiras. Habia de ser bonito recuperar estes espacios comunais, non credes?

No hay comentarios: