miércoles, 11 de abril de 2012

Por fuciños, por cacheiras !!!

Fai uns anos o diario "El Progreso" cambiou o formato da tipografía que usaba para o nome do periodico. Dende ese momento para min perdeu toda credibilidade. As letras antes glamurosas, antigas, e elegantes, que lle daban certa idea de autoridade converteronse en esmirriadas letras de maquina moderna, sen cor, sen formas agradables, simplonas ... case diríase que preguiceiras. Si, preguiceiras, como saidas dunha mente á que non lle apetecen grandes luxos visuais, acomodada ó mundo moderno e sen ton dos mass- media. Pola contra ahí segue a tipografia de "La voz de Galicia" ( o día que a cambien espero que sexa o fin dese xornal).

Imaxinades que Coca - cola fixera co seu logotipo o mesmo que fixo El Progreso? Seguramente moitos de nos pasaríamos á Pepsi sen dubidalo. Hay logotipos que fan historia, trascenden o tempo e transmiten confianza e seguridade, a idea de "progueso e modernidade" non debera significar o abandono total de tempos pasados, por que eses mesmos tempos son os que apoian a calidade do producto. ou non?

Á TVG tamén lle lavaron a cara fai tempo sustituindo aquel logotipo tan fermoso ( que me recordaba á cara dun moucho) por unha xélida, descorida, desaborida letra G. G de Galega? G de Glamour?? G de Gastronómico? G de Galicia ou Galiza? G de Grazas ( Grazas acabades de que matar un icono da miña infancia) ? G de Gusto ( de mal gusto)? Veña oh! Que todo o mundo da miña xeneración xabe que a TVG era moito máis galega, moderna e cultural nos tempos de Dragon Ball. Ou mellor dito, nos tempos do Xabarín. Oink Oink!
Algúns pode que digan, que o cambio de logo está ben dado que aquela gaivota ( formada pola letra V) levaba consigo implicacións politicas. A min dame igual, era un logo ben feito, e ben feitiño, que demostraba elegancia, interese pola forma e as ideas transmitidas e que se quedaba na retina certo tempo: iso, amigos é un bo logo leve as impliciacións que leve. ( se é que as levaba)

Ó Xabarín tamén lle lavaron a cara: fixerono en 3D ( perdeu toda a gracia, bueno supoño que ás novas xeracións lles gustará ... o mundo esta botado a perder ) e desterrarono a TVG2. Lexos quedan os tempos nos que os escornabois ou siniestro total facian videos ( con letras incitantes á rebeldia) para o Xabarín. E sen embargo, pasea a todas aquelas letras anarquicas, non creo que os da xeneracion Oooooondaaaa vitaaaaaaal - bocata de nocilla sairamos mal.

Por fuciños e por cacheiras, que volva a vella TVGalega !!!!!!!!!!!!!

No hay comentarios: