Ás veces sento aquí e pensó con cantas palabras mancillei xa este teclado. E cada vez que sento aquí non poido evitar abrir un documento e escupir nel todo o que se me pasa por dentro. E sempre que sento aquí e lle dou o seu punto e final ó documento, acabo por borralo, letra por letra, e pensando en cantas veces da miña vida borrei agaramos tal é como fago coas letras.
Cada un dos meus amantes foron como os documentos en branco que abro case cada día. Uns foron queridos e outros tan so fillos da rutina do desexo, pero ningún fuido susperar nunca as expectativas do meu documento en branco. Ningún. Ecriboos e esquezoos, amoos e esquezoos, votos cun sorriso traídos nos beizos, logo de sentir as súas metáforas chegando moi adentro, logo de subir entre os versos ata o primeiro chanzo do ceo. Só a un volvo sempre, coma un novo libro, como un novo e descoñecido amante: o documento número sete.
Sete cae de súpeto sobre os meus beizos, queima os meus peitos, escravizame continuamente, prende os meus pensamentos con cadeas de careicias, arrástrame, pérdeme, entra no meu ser e borra todo o anterior, todo o futuro, pensó so nel, no seu papel, no seu código binario transmitíndose en pulsos e impulsos e fluidos e xemidos a través da miña consciencia. Sete. Sete materializase en min seguindo o ritmo da miña impresora.
Cando sento aquí pensó en tódolos meus amantes, nas verbas que me deixan penduradas dos idos, en como me chaman de tódalas formas posibles: miña, miña, miña e as miñas bágoas, como un truco de escapismo, irrumpen polas miñas meixelas na xeografía do meu corpo e coa súa cálida e salgada lingua de tristura can cendo cada unha a través dos camiños que o documento numero sete abriu na miña pel.
Sete sen rostro, que busca coa súa man suave á miña musa e ma arrinca en laios de tinta. A miña musa convulsa e química que arde con tan só escoitar a súa voz, profunda coma unha fervenza de pracer oculta. Sete sen pel, que me leva ó inferno cando me cahama e me fala. Sete sen ollos que se craven sobre min no primeiro peldaño cara o cero. Sete, Sete, Sete ….
No hay comentarios:
Publicar un comentario