Xa sei que nunca fun moi boa como blogger ( comas, tildes e escritura coidada … non lles atendo moito a verdade) e tamén sei que como poeta non vallo nin dous reás. Pero o bo do nosa oferta literaria, é que se admite de todo. Asíque aquí van uns versos, dese malos, escritos entre grolo e grolo de café na biblioteca. Por que hai xente á que só podemos aloumiñar con versos.
Eu querería sentir de novo
O meu corazón adormecendo
No teu colo.
Eu querería ter perenne
A calidez dos teus bicos
Sobre a miña fronte.
Sentir que as candeas deo meu camiñoo
Son o rego da túa voz
Dandolle sentido.
Pitiño, pitiño, meu pitiño,
Volver oir polo baixiño
Entre lósstregos e sorrisos,
Querería.
E querería coserte no meu peito
Atarte na miña memoria
Grabarte na miña mente,
Reterte,
Xear os fuxidios recordos
Só terte.
Pero vaise, vaste
Todo vaise,
O teu perfume co teu colo,
Os teus bicos coa túa voz,
As túas máns,
Os teus ollos …
No hay comentarios:
Publicar un comentario