viernes, 2 de diciembre de 2011

Limachiñas


Hoxe choveu por primeira vez nun mes, ás veces saen á fresca as limachiñas castañas que hai por aqui, a min danme moito noxo, parecen descoridas, prefiro as nosas, negras e lagrimosas, coma viuvas errantes arrastrando o bandullo pola herba... Hoxe choveu, hoxe que fai 14 meses xustos que pisei terras alemanas. Foi un 2 de outubro, dourado e calmo, e nocturno. Un sábado. Amenceu un domingo máis calmo aínda, e máis dourado aínda, e máis silencioso aínda ... e eu pensei: que demo fago aqui?
Agora miro as fotos pasadas e imaxino as futuras, noutros marcos, con outros encadres, pero o meu soriso segue sempre a ser igual de sinxelo e sincero. Nunca volverei a sorir coma antes de pisas estas terras, nunca xamáis, e non me disgusta tal feito. Esculpironme un soriso nos beizos e iso non lle lo hei pagar nunca. Descubrironme co cincel de neve, nadal e amizade que no peito me late un corazón e non un anaco de mármol de carrara.

No hay comentarios: