viernes, 4 de noviembre de 2011

Reververacións



Nunca fun moi dada ós cambios de look. Os que me coñecedes sabedelo. Pero o blog, que ven sendo o meu alteregocibernito cambia a cotío. Aburreme verlle sempre a mesma face, algo novo ten que haber se non son as publicacións. É o que ten escribir tan frecuentemente, parece que te quedas metida nun bucle temporal do que non se pode saír temáticamente. Coma os anos, perdidos nese bucle infinito de catro estacións. Só son catro e dende que vivo aquí en terras xermanas non poido decirdir cal é a miña favorita, xa non. ¿Cómo se pode decidir un entre tantas cousas bonitas? Non comprendo á xente que ve o mundo en branco ou negro, a min gustame a indecisión das cores, dos sons …
¿Pensastedes alguna vez que ás cousas que pasan ó mesmo tempo pero espacialmente separadas é coma se non existisen nunca? ¿Somos ecos do pasado e reververacións do presente? Todo o que fan ou fagan os meus amigos será como o son da árbore ó caer no monte, nada. Saberemos que fieron o que din polo resultados, como sabemos que a arbore fixo ruido ainda que nadie o escoitara. Estamos literamelmente conectados, intercambiando uns con outros millóns de experiencias, experiencias que se repiten e repiten no tempo e no espacio, sabemos dende hai moito que non existe nada novo baixo o sol pero seguimos empregando a palabra “orixinal”, vestindo os nosos beizos con ela, ata que ó dobrar a esquina vemos o seu espellismo, ben de fronte, ben polo rabiño do ollo.
Igual o enfocamos mal. Baixo o noso sol non hai nada novo. ¿Qué haberá baixo outros? Pero deixo aquí o tema, non teño gana de porme ufo-iloxica.

No hay comentarios: