Hai nesta vida dous temás principais de peliculas que me teñen fascinada. Bueno, en realidade tres: Candilejas, Amarcord e Gabriel's Oboe de La Mision. Se ven é certo qeu a terceira me gusta por ser sinxela e efectiva na pelicula. Aprendin a querela a cada fotograma. Candilejas e Amarcord son diferentes, a elas xa as quería antes de coñecelas, e a primeira vez que as escoitei escoitei os ecos da miña propia vida batendo contra paredes do tempo. Como se en cada nota afloraran recordos. Non volo sei explicar, só sei que cando escoito as primeiras notas se me pon a pel de galiña.
Se tiven unha vida pasada que viviu na italia felliana ou sufriu os anos de depresión do periodo de Entreguerras non o sei. Nin quero, nin o necesito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario