jueves, 7 de julio de 2011

Wings of desire


Non hai nada mellor que vir á biblioteca para inspirarte, para inspirarte en todo menos no que en realidade tes que facer. Nesta maldita biblioteca de cristal que parece máis un bar que unha biblioteca, a xente falar, ri, come, bebe, e teclea. Estou na zona wifi, entre o bello arquivo da biblioteca, ninguen o usa. As fichas esquecidas repousan neses ficheiros metalicos e frios tan dos anos sesenta, recordan ás neveiras dunha sala forense, son a morgue do tempo e o saber. Se levanto a cabeza poido ver os pasillos da sala de lectura, no primeiro andar, a xente pasea tranquilamente entre as estanterías, como se enrealidade non buscasen un libro concreto. Ás veces imaxino que entre nos están os anxos de “Der Himmel über Berlin”/ “Wind of desiere” ( O ceo sobre berlin), ás veces imaxino que un deles le o que estou a escribir e me pon unha man no ombreiro como dicindome: isto que escribes é pura melindrez e tontería, sen calidade e sen interese, pero sigue intentandoo …
Fora chove de vez de en cando, catro gotas idiotas fan que me pregunte por que demo se me ocorreu a idea de por un vestido de verán. Xa me lembro: o sol das oito da maña espertoume dunha lavazada na cara para botarme da cama e quedar el co meu sitio. Que o sol este a durmir no meu cuarto é a única razón que explica que nada máis poner un pe fora del o día se nubrara. Preguntome por que demo non regresei á casa é me cambiei. Si, xa me lembro: a esperanza é o ultimo que se perde.
A pesar de todo á scores do día son fermosas, baixo o ceo, entre branco e cincento, repousan os xardíns da verde e pequecha Göttingen. Unha taza branca, das que forman parte do exercito de tazas das cafeterías universitarias ( alias Mensas), esta refuxiada da choiva baixo o marco dunha das grandes fiestras da biblioteca. Miroa e dame lástima, ela sabe que a esqueceron, e que pasa moito tempo antes de que un novo café lle devolva a vida.
As ás do desexo non se extenden hoxe sobre vin, nin hoxe nin nunca … ninguén desexa estudiar para os exames, incluso cando aquelo que estudia é o “amor da súa vida”. Por que igual non aprendin moito alemán, nin moita arte, pero o que teño claro e que Göttingen me fixo recordar por que quería ser un proxecto de historiadora da arte. LONGA VIDA Á ARQUEOLOXÍA!

No hay comentarios: