sábado, 18 de junio de 2011

Como a mazá colorada ...

... todos a queren coller.
Estaba escoitar a Treixadura, a súa musica ponme feliz, contenta como un paxariño entre raiolas de sol e polas de loureiro.
Fai moito que non escribo un post destes automáticos, sen tema e sen dirección, so palabras e palabras encadeadas que van e veñen polos dedos, as dedas, o cerebro e as teclas e penso, mentres as miñas mans entran neste frenesí automático, que eu houbera casar con John ( Para saber máis ler: Como agua para chocolate. Laura Esquivel) ou que tristemente comprobo como esa fascinante teoria do amor liquido segue presente no meu día a día na rede, ou como pouco a pouco se comberte na primeira e principal ley erasmus iso de que: a xente vai, a xente ven ( e ti nunca quedas no mesmo sitio). Ahi esta a explicación de por que os erasmus sempre estan con erasmus ...
( un momento, chamánme por Skype)

No hay comentarios: