Non sei por que veuseme agora ese verso á cabeza. Fora fai calor asfixiante, e ainda que deberia estar estudiando ó que me dediquei hoxe foi a ver os capitulos novos das miñas series favoritas. Estoy nese punto no que o cerebro pide un cambio de aire, tan so de 24 horas. A pena e que non teño a ninguen ó redor co que falar alemán ...
Ondas do mar levado ... se vistedes ó meu amado ...
Non o mal interpretedes, eu so recito. Linguas largas, cotillas e malpensados dos meus redores non deixan de ver pantasmas amadas ó meu caron. Non vivimos na sociedade victoriana, pero dende logo, hai cousas que non cambiaron, non se pode ter conversas con entes masculinos. E estrano, sabedes? Cando duas persoas se poñen en plan cariñoso: son un ligue dunha noite. Cando duas persoas falan distantemente: son un ligue dunha noite. Certamente non entendendo as regras das relacións pesoais da nosa sociedade. En fin, son estas observanzas das vivencias erasmus, das que se fala, dende o meu criterio, dende puntos de vista moi pouco elegantes. E si ... probablemente me arrepinta de escribir este post pola oleada de preguntas ou insinuacións que me van a chegar.
Ondas do mar de Vigo, se vistedes ó meu amigo ...
Non sei se a brisa do mar era fria ou calida cando se escribiu a cantia, pero hoxe, aqui en göttingen, mentras eu a recito, unha brisa quente abanea as arbores que tornan o sol da habitación. Aqui dentro sintome envolta por un frio polar. Que rara é alemania.
E ai Deus! se verra cedo! ondas do mar levado ... ondas do mar de Vigo ...
Creo que ata hoxe non me gustaban as cantigas de Codax, e sen embargo, debe ser por estar afastada da terra, que hoxe, cando as leo, os versos quedanseme na lingua e na mente como martelos de morriña ... Velaqui un poema, cantiga, como lle queirades chamar, que con tres lineas que se repiten, texen unha paisaxe tenrra e ata melancólica ...
Sintome medieval hoxe ... é unha pena que teña que estudiar a tardoantiguidade ...
Ondas do mar de Vigo ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario