Como neste apartamento me sinto bastante soiña puxen a radio. Mal feito, por que teño que escribir en alemán e aqui me tedes: escribindovos en galego e escoitando castelan. Nada bo para o cerebelo.
Escoitaba Cadena Ser e un debate a cerca da pelicula A Serbian Film. E como ando a facer tamén un traballo sobre os límites técnoloxicos do cinema actual veume super ben o debate.
A pelicula foi exibida no festival de Sitges, que xa sabedes que centra no xenero fantástico e de horror. Agora o director do festival terá que enfrontarse á fiscalía por haber exhibido dita pelicula.
En fin os detalles da pelicula ( que non vin) pero sobre a que lin criticas non os vou a dar. Non son aptos para menores precisamente por estar centrada en actos con menores.
Sangue e salvaxismo son as dúas unicas palabras que se lle poden adicar. Se tecnicamente esta ben, non o sei, é dicir, non teño nin idea de se, encanto o aspecto formal ten salvación ( planos, tecnicas, efectos especiais, banda sonora, … )
En canto á linea argumental: qeuda descrita nas dúas palabriñas arriba adicadas.
En canto ós “Horror films”, temos que recordad que vivimos na era post SAW, ( e recordemos que a parte numero VI se editou en 3D). Logo, xa non somos ese publico inocente que se escandalizou con Ultimo tango en París, coa bofetada que levou Gilda, coa saia de Marylin, coas estanqueiras fellinianas, nin somos o publico do novecento italiano.
O que se pouido e o que se pode mostrar nunha pantalla cambiuou, tamén na telivisión. Evolucionou buscando o verismo, e eliminando calquer limite realidade/ficción.
É aquí onde debería residir a problemática actual. Onde estan os límites éticos na gran pantalla actual.
A Belle du jour de Buñuel non sería hoxe a mesma se se filmase neste mesmo momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario