Estaba a ler un artigo para facer un traballo sobre as metas do cine e o futuro do mesmo máis alá das tres dimensión. Coma sempre lanceime de cabeza a Dialnet, portal que permite o acceso a artigos de profesores de universadidade, teses doctoráis e revistas especializadas. Acabai na miña andaina polo ciberespacio topando un artigo sobre o debuxo animado e a era da dixitalización, e como non, trata o tema da fin da era Dysney. Eu non son experta en debuxo gráfico e a súa historia, por non ser, non son experta en nada, só me atrevo a puntualizar certas cousas cando tocan os campos da historia e a crítica da arte, e digo atrevome, porque dende a miña profunda ignoracia nin sequera sei se debería abrir a boca.
A principal crítica que durante todo o artigo se lle fai a Dysney é a de transmitir valores afastados da realidade á parte de, nas edulcoradas historias, meter momentos de máxima tensión ou crueldade. Dita critica faime pensar que a escritora non reflexionou moito a cerca dos contidos dos contos infantís, fonte directa das películas Dysney, a parte de que a edulcoración á que se viron sometidas todas estas historias ven dada pola existencia no seu momento dunha sociedade visualmente “inocente”, a mesma sociedade que escapaba das proxeccións temendo ser atropelada por un tren. Seica se esqueceu tamén da edulcoración fílmica do Grande Meliés, e da edulcoración lieteraria dos Grimm. Só lle daréi a razón nunha cousa: a era Dysney acabou no mesmo momento en que o seu público deixou de ser visualmente inocente. Pero dende logo négome a aceptar esa crítica referida á completa separación entre o ben e o mal que existe nas historias Dysney ( e calquera outra historia infantil), así como me nego a considerar que os valores morais transmitidos por ditas peliculas sexan un mecanismo para adoutrinar ó neno e facer que deixe de pensar por si mesmo, por que a pelicula lle di “como debe comportarse”. Dysney só é un medio, consecuencia do desenvolvemento técnolóxico dunha sociedade, e transmisor dos valores ideais da mesma. Os nenos necesitan algo que lles ilustre o que esta ben e o que esta mal, dende sempre medraron con historias transmisoras dos valores da sociedade na que vivían, e ditas historias dependían da relixión na que medraban, así temos os mitos da Antiga Grecia e os contos populares recollidos polos Grimm.
E logo chegamos ó momento culme: Nietzche. Este home esta máis presente que Deus ultimamente. Resulta que a pelicula “Hormigas”, sendo para nenos, expon de forma clara a idea do “Superhome”. Eu creo, e digoo dende a máis completa e absoluta ignoracia respecto ás teses nietszchianas, que ninguén ten moi claro que é iso do Superhome. Máis que nada por que a todo o mundo lle gusta metelo nos seus artigos ou teses. En fin, investigaremos este apartado, iso si, sen leer a Nietzche, non vaia ser que se me coe o Superhome nos traballos e artigos … E o culme xa foi mentar a Hitler … ¿Esta non sabe como funciona un formigueiro seica? Buscarei os comentarios de Spielberg a cerca da pelicula por que a verdade … eu non o vexo así e segundo todos os meus profesores: se les algo que non ves, e o volves ler e segues sen velo, enton o máis probable é que en verdade non estea ahí. Vamos, que non hai que fiarse do que se le …
E por fin chegamos a Schreck. A transformación do héroe tradicional e do conto tradicional. Iso si, un conto para adultos, e iso xa di moito. Pero estamos seguros de que se produce unha separación con respecto ó conto tradicional? Os valores transmitidos non seguen a ser os mesmos? Só cambia a apariencia, é dicir, o conto tradicional enfocase de diferente maneira, pero a función e o contido segue a ser o mesmo. Schreck só é a adaptación actual do conto de Andersen: o patiño feo. Iso si, un chisco máis cruel: o que é feo é feo e o que non é feo pode ser guapo ou non, e esas cousas dificilmente cambian, hemos de aceptarnos como ogros, ogros en canto a físico, por que no concerninte a virtudes e valores, retomamos a temática tradicional: o amor verdadeiro, a familia, as ganas de poder … O mesmo o ocorre con Tiana e o sapo, de Dysney ( ela non a trata por que non é un film en 3D), ningun dos protagonistas é convencional, pero seguimos nos mesmos valores: familia, amigos e amor verdadeiro. Iso si, analizado profundamente o panorama é bastante desolador: o principe é un Scheweine e Tiana é unha muller libre e traballadora que de casar co principe acabara sendo criada, a parte de empresaria, dun principe que non fondo no fondo non é tal. Mellor espello ca este non hai, eh ? Tiana, querida, Männer sind Schweine!
No hay comentarios:
Publicar un comentario