Si, existe vida tralas PAAU e tamen existe vida intelixente fora de España, sinto decirvolo, incluso, ainda que non me creades, existe vida MAIS intelixente fora de espña. Velaquí os meus universais sobre os seres Erasmus, un microcosmos espallado polo mundo:
- Aberto de mente- Dados ás festas ainda que non sexan festeiros- Interesados pola cultura do pais no que residen- Expertos en mergullarse en dita cultura- Tolerantes con todo tipo de linguas- Non necesitan o esperanto para entenderse.- O ingles é a lingua franca, pero non sempre, en tal caso a lingua franca sera a oficial do pais ou a rexion na que residen o que lles permite perfeccionala ou polo menos fixar bastante vocabulario.- Non teñen medo de irse a outro pais de idioma desconocido, confian nos cursos intensivos e na amabilidade e paciencia das pesoas nativas que de vez en cando ainda botan unhas risas con certos fallos linguisticos, moitos deles con connotacions secundarias.- Un Erasmus chama a outros erasmus sen importala nacionalidade, todos viven na mesma situaciación e solventan case sempre os mesmos problemas asique o compartir e vital para a supervivencia …- Os alemans e ingleses tiran pola cerveza, os italianos polo viño, o bo viño, do resto non sei.- Coñecen a zona mellor cós nativos, ver atraves dos ollos dun erasmus e descubrir novidades continuamente pese a que te consideren o seu guia.- o alcohol mellora os idiomas … pero non en esceso ( nenos, non o probedes sos na casa sen supervision dun estudiante internacional)- Os Erasmus aprenderon algo clave: o diccionario é o mellor amigo do home de letras.- Dunha estancia Erasmus resultan utiles contactos internacionais dispostos a viaxar e prestar a sua casa como lugar para pernoctar …Consellos para os recen iniciados no mundo universitario:- Facede amigos erasmus, si, cando se van da pena, perderedes o contacto con moita xente pero tamen gañaredes a bos amigos.- Non dubidedes nunca en aprender ou perfeccionar un ou varios idiomas, abre portas, fiestras e camiños. A ser posible estudiade algun a parte do ingles.- Non dubidedes nunca de facer unha estancia Erasmus. Si, tedes que aforrar un chisco, pero a experiencia paga a pena.- A recomendacion de facer dita estancia no extranxeiro non é un capricho de profesores, pais ou amigos. O curriculum terá moito mais peso, e se algunha vez dubidan entre alguen que fixo erasmus e alguen que non tede por seguro que escolleran ó primeiro.- As linguas raras molan, frances, ingles, aleman e italiano, abren moitas portas, pero o chines e o turko abren un camiño pouco transitado e polo tanto valorado, o mesmo pasa co polako o ruso e as linguas eslavas.Seguirei aunmentando a lista jejejeje
No hay comentarios:
Publicar un comentario